Rueda ironiza con que cada vez que "se avanza máis na estabilidade, hai máis barullo na oposición"

Insta a "xulgar" a diferenza de trato e "desigualdades" do Goberno central, despois de que o Tribunal Constitucional admitise a trámite o recurso contra a lei do litoral galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/11/2023 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ironizou con que, cada vez que "se avanza máis na estabilidade, hai máis barullo na oposición" sobre as eleccións en Galicia. "Nós sempre dixemos que queriamos que Galicia fose estable fronte á inestabilidade absoluta e a falta de goberno que estamos a ver na Moncloa e no Goberno central", apuntou, para engadir que, "pasan as semanas e demostran a estabilidade" e que a Comunidade "está a piques de aprobar os orzamentos a pesar de que ao Goberno central negásese a facilitar calquera cifra para poder facelo"

"Levo meses e meses escoitando que á semana seguinte imos convocar eleccións", ironizou Rueda, quen en todo caso, á pregunta concreta de se descarta levar a Galicia ás urnas tras a aprobación dos orzamentos, evitou aclarar a súa postura cara a un ou outro lado despois de que nunha entrevista en ABC falase da posibilidade que sempre se dá dun "adianto técnico" dentro do marco do seis primeiros meses do ano. 

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda | Fonte: DAVID CABEZON @ XUNTA

RUEDA SOBRE A DIFERENZA DE TRATO CON CATALUÑA

O presidente insta a "xulgar" a diferenza de trato e "desigualdades" do Goberno central cara a Galicia en relación a Cataluña, despois de que o Tribunal Constitucional admitise a trámite o recurso presentado polo Executivo contra a lei do litoral galego. "Pido á xente que xulgue. Mentres estamos a ver cousas tremendas que teñen que ver coa amnistía, autodeterminación, con indulto a persoas mesmo acusadas de terrorismo, que todo iso parece que cabe na Constitución, que Galicia regule o seu litoral é para o Goberno central case unha declaración de independencia", manifestou, lembrando unha frase que chegou a pronunciar o secretario de Estado de Medio Ambiente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta