Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2023 | Actualizada ás 14:46
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, cifrou en 18,4 millóns de euros as axudas que se destinarán aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) ata 2025, no marco do novo fondo europeo Fempa. Este ano realizouse a primeira convocatoria con cargo ao Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (Fempa), dotada con 8 millóns, na que se recibiron 139 solicitudes.
En resposta a unha pregunta do PPdeG na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo, Susana Rodríguez puxo en valor que Galicia lidera o desenvolvemento destas axudas e puxo o valor dos GALP para a dinamización das zonas pesqueiras. Os oito GALP encargados de implementar as estratexias engloban 409 organizacións locais, das cales 97 pertencen ao sector pesqueiro, que representan a máis de 13.000 traballadores do mar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.