Reservas baixas dos grupos sanguíneos A- e 0+

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) do Servizo Galego de Saúde (Sergas) chama á cidadanía a doar sangue tras comprobar que as reservas dos grupos A negativo e 0 positivo están en niveis baixos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2023 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) do Servizo Galego de Saúde (Sergas) chama á cidadanía a doar sangue tras comprobar que as reservas dos grupos A negativo e 0 positivo están en niveis baixos. Os únicos grupos que se atopan en nivel bo son B negativo e AB positivo, mentres que A positivo, 0 negativo, B positivo e AB negativo están nun nivel normal.

Así, ADOS lembra que nos hospitais galegos necesitan preto de 500 doazóns de sangue para poder desenvolver o seu labor asistencial. Por iso, incide que se pode doar nalgunha das dez unidades móbiles que percorren diariamente Galicia ou nalgún dos sete locais permanentes de doazón das principais cidades galegas.

Doazón de sangue na área sanitaria Pontevedra e O Salnés
Doazón de sangue na área sanitaria Pontevedra e O Salnés | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta