Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 10/12/2023 | Actualizada ás 13:23
Unha muller, de 59 anos, faleceu na mañá deste domingo tras caer dun vehículo que circulaba pola OU-1117, estrada que comunica os municipios ourensáns de Xinzo de Limia e Vilar de Barrio, a dous quilómetros da autovía. Segundo informou o 112, foi un particular o que ao fío das 9.10 horas alertaba dun atropelo no punto. Con todo, a Garda Civil confirmou que se tratou dun acompañante que se caeu do vehículo.
Ata o punto mobilizaron ao helicóptero medicalizado, a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Xinzo, á Garda Civil, á Policía Local e a Protección Civil. Os servizos sanitarios no lugar confirmaron ás 9.50 horas o falecemento dunha muller, de 59 anos. A pesar de que non transcendeu como foi a caída, a Garda Civil afirmou que se trata dun accidente de tráfico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.