O 'Apalpador' pídelle a Rueda un Nadal con programación xuvenil en galego

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2023 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

A Mesa pola Normalización Lingüística celebrou este venres, na praza do Obradoiro, un acto festivo no que 'O Apalpador' e un grupo de nenos e nenas pedíronlle ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que este sexa "o último Nadal sen programación infantil e xuvenil en galego".

Sobre o acto, A Mesa explica que, a través desta figura, denunciouse o incumprimento da 'Iniciativa Xabarín', que se aprobou por unanimidade no Parlamento galego en maio do ano pasado, con apoio de colectivos e de máis de 33.000 persoas.

"Mentres non se cumpra o acordo parlamentario promovido pola Mesa, nenos e novos galegos seguirán sen poder gozar con programación audiovisual na súa lingua, en todos os dispositivos e plataformas de contidos audiovisuais".

O presidente da asociación, Marcos Maceira, argumentou que "a programación infantil e xuvenil en galego é apenas o 0,83% da dispoñible nos operadores da televisión e a TVG reduciu o espazo reservado a esta programación na segunda canle".

Acto da Mesa co Apalpador
Acto da Mesa co Apalpador | Fonte: A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta