Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 03/01/2024 | Actualizada ás 16:26
A oitava edición do festival 17º Ribeira Sacra celebrarase do 26 ao 28 de xullo de 2024, unha vez máis co candidato a Patrimonio da Humanidade como pano de fondo. Segundo explican nun comunicado, proximamente daranse a coñecer os primeiros artistas confirmados e as novidades dun programa con concertos nalgúns dos escenarios máis singulares do territorio, como o catamarán de Ponte do Sil ou o Miradoiro de Santiorxo, así como as actividades que complementan a fin de semana como rutas, catas e degustacións gastronómicas.
Este certame foi recoñecido o ano pasado como o Mellor festival de pequeno formato da Península Ibérica, ademais do mellor do país en 2020. Ademais, está nomeado en nove categorías aos Iberian Festival Awards, os galardóns que recoñecen aos mellores festivais de España e Portugal. Tamén proximamente sairán á venda os primeiros abonos a un prezo promocional. A través da web festivalribeirasacra.com ampliarase información coas últimas novidades.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.