Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2024 | Actualizada ás 17:27
O Club Financeiro de Santiago (ICE) e o Concello de Santiago presentaron este venres o Informe de Conxuntura Económica (ICE), que realiza unha radiografía completa da realidade económica da provincia coruñesa, tanto a nivel comarcal como municipal. Nel destacan que a comarca de Santiago é "unha das máis dinámicas da provincia".
Na presentación participaron a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, o presidente do Club Financeiro de Santiago, Roberto Pereira, así como o equipo de expertos que traballou no informe: David Rodríguez, Emilia Vázquez e Maite Cancelo, profesores deEconomía Cuantitativa; María Bastida, profesora de Organización de Empresas e Comercialización e Miguel Anxo Vázquez Taín, profesor de Facenda Pública e Sistemas Fiscais.
O documento estrutúrase en cinco bloques: territorio e recursos naturais (núcleos de poboación, densidade, catastro), poboación (movementos migratorios, condicións de vida), mercado de traballo (paro, contratacións, pensións), estrutura produtiva (PIB, sectores produtivos, demografía empresarial) e sector público (facendas locais, gastos e ingresos municipais).
En canto a poboación, aínda que Santiago concentra o 15% da poboación da provincia, no período 2010-2023 Ames é o concello da comarca con maior incremento de poboación, cun crecemento medio anual do 1,2 %. Santiago presenta un crecemento medio de 0,3 %, por baixo de concellos como Brión (0,8 %) ou Teo (0,5 %).
Apuntan que o envellecemento poboacional segue sendo unha tendencia na provincia, aínda que "Santiago é a comarca menos envellecida". En 2010 os menores de 16 anos na comarca supuñan un 13,8 % mentres que en 2022 chegan ao 14 %. Santiago, cun 13,3 % de poboación menor de 16, sitúase por baixo da media comarcal, pero por encima da provincial.
Ames é o que conta con maior porcentaxe de xente nova, un 16,9 % menor de 16 anos. Se falamos de maiores un 21,5 % da poboación da comarca ten máis de 65 anos. De novo Santiago, cun 23,3 % ten unha porcentaxe superior á media comarcal pero inferior á provincial.
En canto ao mercado de traballo, sinalan que a capital mostra unha situación laboral "forte" en moitos aspectos, particularmente encomparación con outras cidades galegas. Con todo a dependencia do sector público e o sector servizos, xunto coa vulnerabilidade ás fluctuaciones estacionales, son aspectos que "requiren atención para garantir unha estabilidade a longo prazo".
En Santiago a taxa de paro foi do 4,4%, próximo á plena ocupación (que foi do 4%), "o mellor dato nos últimos anos e colocando á cidade coa taxa de paro máis baixa entre lassiete grandes cidades galegas".
O informe analiza tamén o PIB da comarca de Santiago representaba no ano 2020 o 14% da poboación da provincia e o 18% do seu PIB. Dentro da comarca, o concello de Santiago de Compostela representaba o 77% do PIB, pero perde -1,7 puntos con relación ao ano 2010.
ACTIVIDADE EMPRESARIAL E TURISMO
A pesar diso, o PIB real por habitante no ano 2020 ségueo liderando Santiago de Compostela, con 34.634 euros por persoa, sendo o único que supera a media comarcal de 25.937. En canto a empresas, son 15.595 na comarca de Santiago (o 15,9% das provinciais). No municipio de Santiago hai 9.818 empresas (63% comarcal), 104 máis que en 2021. Pola súa banda, Ames conta con 2.489 empresas (16%) e Teo, 1.462 (37 e 38 máis que en 2021, respectivamente). Val do Dubra e Vedra reduciron o número de empresas en 2022.
No municipio de Santiago atópanse 10 das 40 empresas de 500 ou máis asalariados da provincia. Na comarca só en Ames hai unha empresa deste tamaño. O número de empresas do sector Servizos no municipio de Santiago (8.318) alcanza o 84,7% do total. Este peso é superior ao provincial (68,5%) e ao galego (66,7%).
A comarca de Santiago representa o 8% da oferta galega de prazas turísticas e un 36% da oferta da provincia da Coruña. Desde o ano 2010, a oferta de duplicouse tanto a nivel galego como provincial. Na comarca de Santiago, o incremento foi do 74%, mentres que en Santiago a oferta aumentou un 72%.
Destacan ademais que en 2010, o 81% das prazas da comarca eran en hoteis e pensións. En 2023, só é o 51%. Os apartamentos e vivendas de uso turístico representan en 2023 un 30% da oferta da comarca. Desde 2018, este tipo de oferta turística hase multiplicadopor 7 na comarca santiaguesa e por 4 no concello compostelán.
Outro dos puntos abordados é o impacto do sector público respecto ao que Santiago presenta unha situación económica máis positiva que as outras cidades galegas. "Esta diferenza é atribuíble á maior actividade administrativa, ao potencial da Universidade e á actividade turística", remarcan.
RECOMENDACIÓNS
Por último, o equipo encargado de redactar o informe propuxo unha serie de liñas de acción nas que traballar como a promoción da natalidade e a retención do talento, a atención á poblaciónenvejecida, o apoio á diversificación empresarial, a mellora da competitivad, promover a redistribución do desenvolvemento económico, repensar o modelo de turismo, aproveitar o financiamento da UE ou a promoción da cultura empresarial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.