Allariz mellora os seus datos de reciclaxe de vidro

A recollida subiu un 9,2% en 2023 con 235.750 quilos recuperados.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 17/02/2024 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Os datos de 2023 sobre a recollida de vidro no Concello de Allariz superaron os números acadados na anualidade anterior. En palabras do equipo de goberno, "estes datos reforzan o traballo acometido tanto por veciños e veciñas así coma pola hostalería e comercio do concello durante o pasado ano".

Colectores no Concello de Allariz. Foto: Prensa concello
Colectores no Concello de Allariz. Foto: Prensa concello

No 2023 recolléronse 235.750 quilos de vidro, un 9,2% máis que no 2022. Os meses no que máis vidro se recolleu foi por orde: agosto, outubro e decembro. Así mesmo meses como febreiro, abril ou xuño indican tamén unha forte recollida.

O concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela, que agradece a implicación da veciñanza, lembra que "este proxecto é unha labor de todos e todas, e que debemos continuar para seguir mellorando, xa que aínda queda moito traballo por facer". E engade "o mellor residuo é o que non se xera, e polo tanto na medida en que sexa posible como sociedade debemos tentar reducir a cantidade de envases que utilizamos, accións como o emprego de envases recuperables e reutilizables reducen máis a nosa pegada climática que a propia reciclaxe, de aí a importancia da recuperación de vidro".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta