Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/02/2024 | Actualizada ás 18:21
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou este xoves na sesión inaugural da xornada sobre ferramentas para o benestar no transcurso vital, que se enmarca no programa 'Coñecendo as emocións', impulsado polos Espazos +60 de Afundación. Neste encontro abordouse como favorecer un bo envellecemento.
O director xeral falou dos programas e axudas a entidades que ten en marcha a Xunta de Galicia para favorecer un envellecemento activo e saudable. Así mesmo, destacou que os galegos de máis idade xa están a recibir nas súas casas o Carné +65, que desde o pasado mes de febreiro ofrece descontos e vantaxes en ámbitos como o lecer e tempo libre, o autocoidado, a cultura ou as viaxes.
Durante a sesión abordáronse cuestións como as emocións durante o envellecemento ou a aprendizaxe de ferramentas para xestionalas, ademais de avaliarse os resultados do programa 'Coñecendo as emocións', en cuxo deseño participaron os maiores usuarios dos Espazos +60 de Afundación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.