Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 12/03/2024 | Actualizada ás 14:36
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, tachou de "fraude mediática" o tope ao prezo do aluguer exposto pola lei estatal de vivenda para mercados declarados tensionados e previo cumprimento de determinados requisitos.
Fíxoo, a preguntas dos xornalistas, con motivo da entrega de dúas vivendas protexidas de promoción pública no barrio coruñés de Xuxán na que, ademais, avanzou que a Xunta convocará a unha reunión, en concreto o día 19, aos concellos para explicarlles a documentación que teñen que presentar en caso de querer solicitar ser declarado mercado tensionado. "Un concello como A Coruña debería sabelo", sentenciou tras asegurar que o consistorio presentou unha "instancia" e que a Administración galega requiriulle documntación. "Que nos diga que barrios ou zonas quere declarar tensionadas", sentenciou.
Nas súas declaracións, a conselleira volveu a criticar, non entanto, a medida estatal. "A declaración de zona tensionada é unha fraude mediática, só un 5 % dos que teñen vivenda de aluguer son grandes tenedores e en vivendas que levan máis de cinco anos sen alugarse", aseverou sobre os requisitos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.