Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 18/03/2024 | Actualizada ás 20:23
A Consellería de Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, completou unha serie de actuacións para a prevención de incendios forestais no Distrito Forestal XIV Verín-Viana, na provincia de Ourense, concretamente na serra de Larouco, no municipio de Cualedro.
En detalle, a Xunta actuou sobre 14 quilómetros de pistas forestais e en catro hectáreas de devasas. Para poder levar a cabo estes traballos de mellora, empregouse unha bulldozer e unha motoniveladora. As tarefas na zona do sueste da provincia ourensá suman un total de 35 quilómetros de arranxo de pistas e 11 hectáreas de devasas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.