Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2024 | Actualizada ás 11:58
Chanel, Luna Ki e Supremme de Luxe súmanse ao cartel do Atlanctic Pride 2024, o festival tamén coñecido como 'Orgullo do Norte' que se celebra na Coruña entre o 7 e o 14 de xullo. Destacan nun comunicado que o Atlantic Pride acollerá a presentación en directo do primeiro traballo discográfico de Chanel Terrero, Auga!, que viu a luz en xaneiro. Chanel actuará o sábado 13 de xullo nos Xardíns de Méndez Núñez.
Pola súa banda, Luna Ki reinterpretará na Coruña as bases do pop a través da fusión de sons como o new wave, o eurodance, o afrobeat ou o trap-pop, coa presentación do seu novo EP 'Xeración de cristal'. "O traballo é un retrato irónico e emocional da Xeración Z, no que reivindica a fraxilidade como fortaleza e a hipersensibilidade como arma para expresar sentimentos reprimidos", remarcan. A noite do venres 12 de xullo estará tamén os Xardíns de Méndez Núñez.
Por outra banda, unha das encargadas de dar o pistoletazo de saída desta quinta edición do Atlantic Pride o domingo 7 de xullo será Supremme de Luxe, drag e presentadora de Drag Race España e de Drag Race España: All Stars, que estará na Fundación Luís Seoane durante a xornada de inauguración do festival.
O Atlanctic Pride é un festival "pioneiro, gratuíto e inclusivo", impulsado pola Asociación Orgullo Coruña (ORCO), o Concello da Coruña e Turismo da Coruña, co patrocinio principal de Estrella Galicia, Xunta de Galicia e Globalgrafic. No seu cartel, ademais das anunciadas, estarán Nebulossa, Rosa López, As Ketchup e Lucía Pérez, ademais de Mondra, Sila Luna, O Rabelo e Nenaza, Catuxa Salom, Lontreira e Amoebo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.