Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/04/2024 | Actualizada ás 18:53
A CIG-Administración denuncia que a Policía Nacional prevé prescindir de persoal non policial encargo da tramitación de DNI, pasaportes e documentación de persoas estranxeiras. Nun comunicado, o sindicato alerta de que a actual xestión de recursos humanos "está a xerar presión sobre estes traballadores públicos".
Sinala que a Dirección Xeral da Policía deixou sen cubrir o 86% das postos vacantes na provincia de Pontevedra, o 81% na Coruña e o 75% na provincia de Lugo, mentres na provincia de Ourense. "En cambio, o que fan é pór persoal policial a expedir documentación", quéixase.
Por iso, solicita información de canto persoal policial se destina a traballo en unidades de expedición de documentación e en que comisarías, pero "o Ministerio do Interior négase a facilitar esta información". Ademais, expón que as retribucións dos policías son moi superiores ao persoal de corpos xerais, "polo que se está encarecendo considerablemente o custo deste servizo público".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.