A Xunta realizará case 10.000 enquisas en dous meses para saber a situación dos fogares galegos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2024 | Actualizada ás 10:37

Comparte esta noticia

O Instituto Galego de Estatística (IGE) comeza este luns, 15 de abril, o proceso de recollida de información, que durará ata xuño, en máis de 9.200 vivendas galegas para a súa 'Enquisa estrutural a fogares'.

Este luns, o IGE informa de que estes resultados estarán listos en decembro. Esta enquisa de carácter oficial forma parte da Lei do Plan galego de estatística 2022-2026 e realízase desde o ano 1999. O obxectivo principal é o estudo das características socieconómicas e condicións de vida de fogares galegos a través dunha mostra aleatoria de 9.216 vivendas por toda Galicia.

Os entrevistados deberán contestar a preguntas sobre idade, nivel de estudos, situación laboral, ingresos e gastos do fogar e privación material. Este ano inclúese no cuestionario un apartado relativo a lecer e hábitos culturais, así como outro sobre benestar e perspectiva do capital social.

As vivendas seleccionadas recibirán unha carta na que se lles comunica que deben facilitar os datos, tal como está estipulado na lei, coa confidencialidade da información achegada con base no segredo estatístico.

Web do IGE. CAPTURA
Web do IGE. CAPTURA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta