Renfe di que hai "normalidade" na web tras o lanzamento de billetes de AVE entre Galicia e Madrid a 18 euros

Moitos usuarios critican as esperas

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 18/04/2024 | Actualizada ás 10:08

Comparte esta noticia

O operador ferroviario Renfe puxo á venda este xoves billetes de AVE entre Galicia e Madrid a 18 euros, para viaxar a partir do 21 de maio. Tras ser anunciado esta semana, na actualidade xa están dispoñibles na súa web as viaxes con desconto, sen que se detectaron incidencias no funcionamento da páxina, como si ocorreu noutras ocasións. Pola contra, moitos usuarios crtican longas esperas para coller billete.

Segundo datos da compañía, Renfe puxo á venda este xoves 39.000 billetes semanais nos servizos de Alta Velocidade desde Madrid a Galicia (Vigo, A Coruña, Santiago), moitos deles cun prezo de 18 euros.

Os traxectos comezarán a circular a partir do 21 de maio mediante os novos trens S106 do fabricante Talgo, que contan con máis de 500 prazas. Os billetes sairán á venda cunha campaña de lanzamento de 78.350 billetes con 'Superprecios', desde os 18 euros, onde se inclúen tamén viaxes a Asturias.

En Galicia, Renfe estrea cos S106 o servizo AVE nas cidades de Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, Santiago e A Coruña, despois de que en 2021 o servizo de alta velocidade de Renfe debutase en Galicia cunha conexión directa Madrid-Ourense, que actualmente tamén se prolonga ata Alacante.

O traxecto Vigo-Madrid durará algo máis de 4 horas e A Coruña-Madrid contará con tempos próximos ás 3 horas e media, o que supón un recorte de tempos medio duns 15 minutos, respecto de antes da posta en servizo dos S106.

Os novos servizos AVE en Galicia e Asturias tamén beneficiarán ás cidades de Castela e León polas que circularán os AVE S106, ao ser liña de alta velocidade: Zamora, Segovia, León, Palencia ou Valladolid (así como Madrid).En Asturias a estrea do AVE é absoluto coa chegada dos S106, pois ata agora o Principado só contaba con conexións de longa distancia.

Tren Avril
Tren Avril | Fonte: TALGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Rfgh

Intentade comprar uns billetes a 18 €, todo vai ben ata chegar ao pago, veredes que sorpresa....(onde están eses 18? ....que se converten en 55?)