Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 07/05/2024 | Actualizada ás 10:31
Un fenómeno meteorolóxico coñecido co nome de 'rebentón húmido' impediu que as festas de Valdemoro, en Madrid, se celebrasen o pasado domingo. Estaba prevista a actuación da orquestra Panorama, que xa tiña o seu palco montado. A forza do vento e a choiva puxo en risco a integridade tanto dos seus artistas como do propio escenario, que resistiu, con poucos danos. Segundo informa a orquestra nas súas redes oficiais, xa se traballa na reparación dos desperfectos.
Este 'rebentón húmido', que tivo lugar sobre as 23.00 horas, é unha corrente de aire descendente moi forte asociada a unha precipitación brusca. Non ten unha longa duración, xa que non adoita estenderse máis aló dos 30 minutos, pero a espectacularidade das imaxes viralizouse rapidamente en redes sociais polas gravacións realizadas por algúns dos presentes na zona.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Migrantes expulsados, sen rede de apoio e cunha difícil solución xudicial
- (En imaxes) Coñece todas as localizacións nas que se rodou o filme 'Apocalipsis Z'
- Importante susto nunha residencia de maiores de Mos: un lume nunha batería pasou a un colchón
- Descarrilan tres vagóns dun tren de mercadorías na estación de Monforte
- Ence premiada "pola súa involucración no desenvolvemento económico da rexión"
- Teléfono 060 da Garda Civil para citas previas de Intervención de Armas e Explosivos