Feministas critican que un home estea na Dirección Xeral contra a violencia de xénero

Acusan de "retrógrada" á Xunta por suprimir a Secretaría de Igualdade

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2024 | Actualizada ás 18:23

Comparte esta noticia

Diversos colectivos feministas de Galicia asinaron un comunicado conxunto no que arremeten contra a Xunta de Galicia pola eliminación da Secretaría Xeral de Igualdade, unha decisión que supón, argumentan, "un paso máis na progresión de políticas retrógradas cos dereitos das mulleres por parte do Partido Popular".

Destacan que, a pesar de "as mostras de fortaleza do feminismo galego nos últimos tempos e do clamor social", "non se albisca por parte do Goberno da Xunta" políticas encamiñadas á erradicación das desigualdades.

Remarcan que desde as últimas décadas do século XX, as institucións e organizacións sociais fixéronse "eco" das demandas do feminismo "creando organismos encargados da aplicación de medidas conducentes á igualdade de xénero".

E nesta liña, apuntan, en 2005 o Goberno galego do PSdeG e BNG creou a Secretaría Xeral de Igualdade.

"Como ocorreu co resto de políticas e actuacións que arrincaron nese tempo, o Partido Podpular fai desaparecer agora un organismo de goberno que no lugar que debería ocupar, dependente de Presidencia, tería que deseñar o conxunto de políticas a aplicar desde os diferentes departamentos do Goberno galego", argumentan.

"A ideoloxía retrógrada en materia de igualdade do PP manifestouse tamén claramente co torpedeo constante do dereito ao aborto, coas subvencións e institucionalización da Rede Nai, co desvío das intervencións de interrupción do embarazo a clínicas privadas... en definitiva, impedindo o exercicio deste dereito sen estigmatizar ás mulleres que abortan", censuran.

"DIRECCIÓN CONTRA A VIOLENCIA CUN HOME Á fronte"

Para as feministas galegas, a igualdade "perde peso" tamén ao ver rebaixada a súa "importancia" desde Secretaría a Dirección Xeral. Así mesmo, cuestionan o motivo de desvincular en dous departamentos diferentes, a Dirección Xeral contra a Violencia de Xénero e a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade.

"Seica a violancia e a desigualdade non son dúas caras da mesma moeda?, cabe pór en práctica medidas efectivas contra a violencia que non ataquen as desigualdades?, non é a igualdade o verdadeiro antídoto para combater a violencia?", pregúntanse, afeando ademais que á fronte da Dirección Xeral contra a violencia estea un home.

Manifestación pola igualdade de xénero convocada pola Plataforma Feminista Galega e Marcha Mundial das Mulleres no 8M. M. DYLAN
Manifestación pola igualdade de xénero convocada pola Plataforma Feminista Galega e Marcha Mundial das Mulleres no 8M. M. DYLAN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta