Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2024 | Actualizada ás 19:38
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, destacou este venres que a Unión de Profesionais de Galicia é un "interlocutor privilexiado" tanto para os poderes públicos como para "calquera entidade que aspire a facerse eco do sentir de colectivos como os aquí representados".
Así o dixo o presidente da Cámara galega no acto de entrega dos Galardóns Profesional Colexiado 2023 (outorgado a 20 colexiados de diferentes disciplinas) e da Distinción da Unión Profesional de Galicia, que recoñece a traxectoria de Miguel Carrero López, primeiro presidente de Unión Profesional e actual presidente de Previsión Sanitaria Nacional.
Creada hai 30 anos, a Unión Profesional de Galicia representa a 43 colexios profesionais e a máis de 85.000 colexiados. Dada a súa representatividade, Santalices convidou á Unión Profesional de Galicia a achegar propostas durante o proceso de tramitación parlamentaria dos textos lexislativos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.