Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2024 | Actualizada ás 18:23
A eurodeputada do BNG e candidata ás eleccións europeas, Ana Miranda, defende que a Política Agrícola Común (PAC) ten que ter en conta as peculiaridades do campo galego, para o que ve fundamental que o Bloque teña representación nas institucións europeas.
"O BNG ten que estar en Bruxelas para que unha gandeira galega teña as mesmas axudas que un gandeiro do resto de Europa, por exemplo, francés, algo que non sucede a día de hoxe", afirma.
Así o apuntou nunha visita a unha explotación agrogandeira no concello lucense de Pol, onde mantivo un encontro con gandeiros da zona. "O BNG no Parlamento Europeo reclama e reclamará, se temos o apoio dos galegos e galegas, que a PAC sexa xusta, sustentable e que apoie as explotacións agrogandeiras con prácticas sustentables como as do Concello de Pol", asegura a eurodeputada galega.
Ana Miranda critica que "non se estean apoiando" a estes gandeiros galegos que "queren facer outro tipo de prácticas sustentables", xa que o campo galego necesita ter voz directa en Europa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.