Abre este luns o prazo para os campamentos de verán para maiores de 18 anos

As solicitudes poderán presentarse ata o 10 de xuño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2024 | Actualizada ás 11:23

Comparte esta noticia

A Xunta abre este luns ás 9.00 horas o prazo de inscrición en campamentos para os mozos de entre 18 e 30 anos. As solicitudes poderán presentarse ata o 10 de xuño. Esta oferta específica incluída na Campaña de Verán 2024, pon a disposición dos interesados 200 prazas distribuídas en cinco programas diferentes que acollen máis de 40 actividades.

As solicitudes deberán presentarse en liña na páxina web de Xuventude, enviando o correspondente formulario no que cada persoa poderá elixir un máximo de tres programas por orde de preferencia. Os campamentos para maiores de 18 anos desenvólvense no albergue municipal de Cabana de Bergantiños, no campamento xuvenil A Devesa de Ribadeo, no albergue de Allariz, no albergue Montañas de Trevinca na Veiga e na residencia complexo Cemar en Mondariz Balneario.

Para optar a estes campamentos é necesario ter cumpridos os 18 anos ao comezo da actividade e non cumprir os 31 antes de que finalicen. As prazas adxudicaranas por orde de recepción e, unha vez asignadas na primeira convocatoria, se quedan prazas vacantes abrirán de novo o formulario na web.

Nenos nun campamento, a 13 de xuño de 2021, na Coruña
Nenos nun campamento, a 13 de xuño de 2021, na Coruña | Fonte: César Arxina - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta