A Fiscalía presenta denuncia no xulgado polo caso dos audios do alcalde de Ourense

Nos que o rexedor fala da suposta comisión de varias irregularidades.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 12/06/2024 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

A Fiscalía de Ourense presentou denuncia no xulgado en relación cos audios do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, feitos públicos fai máis dun ano, nos que o rexedor fala da suposta comisión de varias irregularidades.

Diarios como La Región e La Voz de Galicia publicaron fai algo máis dun ano audios que poderían comprometer a Pérez Jácome por presuntas irregularidades. Por exemplo, chegaron a difundirse audios nos que pode escoitarse a Pérez Jácome tratando, supostamente, de convencer a dous funcionarios para que asumisen unha multa imposta ao seu coche oficial, ou conversacións sobre supostos 'enchufes' de asesores e posibles doazóns irregulares para a súa campaña electoral.

No seu momento, os grupos municipais de BNG, PP e PSOE no concello ourensán presentaron denuncias ante a Fiscalía por se, desas conversacións, puidese inferirse a comisión de diversos delitos (prevaricación, falsidade, malversación, etc.). As denuncias foron acumuladas e abríronse dilixencias de investigación.

Agora, o ministerio público notificou que dá por concluídas esas dilixencias e confirma a presentación dunha denuncia no xulgado, aínda que non transcenderon os posibles delitos denunciados.

Gonzalo Pérez Jácome
Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: Rosa Veiga - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta