O PPdeG pide ao Goberno central un estudo "serio e minucioso" sobre o custo do traspaso e gratuidade da AP-9

Ve "inadmisible" que o BNG pida unha comisión investigación sobre a prórroga da AP-9 no Parlamento galego cando é unha "vía estatal".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2024 | Actualizada ás 15:07

Comparte esta noticia

O PPdeG pide ao Goberno central un estudo "serio e minucioso" sobre o custo do traspaso e gratuidade da AP-9 tendo en conta que "aumenta a súa desconfianza" sobre as cifras dadas polo ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente. "Todo parece apuntar, vistas as declaracións realizadas polo ministro de Transportes, Óscar Puente, que o Goberno vai negar tanto a transferencia como a gratuidade das peaxes desa autoestrada por motivos económicos, fundamentalmente", esgrimiu o viceportavoz dos populares no Parlamento de Galicia, Julio García Comesaña.

Para solicitar ese estudo, destallou Comesaña este venres en rolda de prensa, os populares teñen rexistrada unha iniciativa na Cámara galega. Mentres tanto, continuou, "o BNG sorprende" no pleno da próxima semana "cunha das súas ocorrencias" ao pedir unha comisión de investigación sobre a ampliación da concesión da AP-9 por 25 anos.

"Non cabe outra explicación a esta solicitude, máis que un novo intento dos nacionalistas de tapar que o Goberno de Pedro Sánchez non lles fai caso e ademais incumpre todos e cada un dos puntos nos que, supostamente, chegaron a un acordo de investidura", criticou. "É inadmisible" que se faga unha comisión de investigación sobre a prórroga da AP-9 no Parlamento de Galicia cando é unha estrada de titularidade estatal, dunha prórroga concedida polo Goberno Central e que á súa vez é investigada pola Unión Europea.

"COMPROMISO REAL E EFECTIVO" CO MANTEMENTO DAS ESTRADAS

Saída da AP-9
Saída da AP-9 | Fonte: AUDASA - Arquivo

Ademais, os populares galegos pediron ao Goberno de España un "compromiso real e efectivo" para a construción e mantemento das estradas que se atopan nun "pésimo estado". Desta forma, Comesaña avanzou que no próximo pleno defenderán unha proposición non de lei (PNL) xa que o mantemento das estradas estatais que pasan por Galicia "debe figurar no furgón de cola" das prioridades do Goberno de Pedro Sánchez.

Neste sentido, lamentou que "ano tras ano" os galegos asisten "con resignación, á ausencia" nos plans de actuación dese tipo de estruturas viarias fundamentais. "Este agravio comparativo respecto ao trato que reciben outras comunidades autónomas, nas que os votos dos seus deputados, loxicamente, son máis imprescindibles para que Sánchez siga en Moncloa, non nos vai a facer decaer no noso ánimo e o PPdeG nesas solicitudes", advertiu.

Con todo, incidiu, "non deben centrarse unicamente" na necesidade de construción de novas infraestruturas, senón que hai que "atender ás existentes" que se atopan, en palabras de Comesaña, nun "penoso estado". Por todo iso, o PPdeG pide "unha actuación urxente" ao Goberno Central tanto na construción das autovías comprometidas como no mantemento das vías da súa titularidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta