Por Galicia Confidencial | Portugal | 16/07/2024 | Actualizada ás 12:48
Catro mortos e dous feridos graves son o peor escenario resultante dun violento accidente, seguido do incendio dun vehículo no que viaxaban seis mozos, na madrugada deste domingo, na Estrada Municipal 202, na Unión de Freguesías de Castro Laboreiro e Lamas de Mouro, no concello de Melgaço, fronteirizo con Crecente, en Pontevedra. Un sinistro que provocou unha gran consternación nesta zona fronteiriza pola idade dos falecidos.
O alerta foi rexistrado ao inicio da madrugada, sobre ás 01,17 horas. As catro vítimas mortais, así como os dous feridos graves, tiñan entre 18 e 19 anos, e ían todas no mesmo vehículo. Descoñécense aínda as circunstancias en que ocorreu o accidente aínda que algunhas fontes apuntan a un despiste mentes algún deles gravaba un vídeo en redes.
O incendio que comezou no coche tras o impacto contra unha árbore provocou a morte de tres dos mozos que quedaron atrapados no interior do meso. O cuarto faleceu de camiño ao hospital. .
O Opel Corsa sinestrado quedou complentamente calcinado e foi outro mozo o que conseguiu sacar do vehículo xa en chamas a tres rapazas. Este sinistro elevou a dez o número de mortos na estrada, só este fin de semana, en Portugal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.