Os empregados de despachos de billetes de Renfe van á folga "fartos dos intolerables" erros do sistema

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2024 | Actualizada ás 09:18

Comparte esta noticia

O persoal dos despachos de billetes de Renfe na provincia da Coruña está convocado a unha folga de catro hora, de 12,00 a 16,00 horas, este venres, 19 de xullo, para protestar contra os "intolerables" erros que padecen no sistema informático de venda.

Nun comunicado, Comisións Obreiras informa de que o comité de Renfe da Coruña convoca esta mobilización que afectará os despachos de billetes de Santiago, Ferrol e A Coruña.

"Desde que se implantou o novo sistema de venda de billetes do Grupo Renfe, a finais do mes de febreiro deste ano, o persoal da canle de venda presencial está a sufrir as consecuencias do mal funcionamento e os múltiples erros e fallos do mesmo", explica o sindicado.

E é que os traballadores se queixan de que levan cinco meses con "moitos fallos", tales como billetes anulados tecnicamente que computan como vendidos, erros nas devolucións pagas por Paypal, problemas coa impresión dos billetes, erros nas tarifas con descontos, imposibilidade de cambios de billetes, cobro de billetes non xerados, así como caídas sistemáticas do sistema, entre outros.

A pesar de que se reportaron máis de 300 incidencias, os representantes dos traballadores censuran que segue sen haber unha solución. Isto únese a outros fallos de canles de vendas, de forma que os traballadores padecen de forma inxusta "insultos e agravios", unha situación que carrexa "tensión e ansiedade". Igualmente, denuncian uns servizos mínimos "abusivos".

Pasaxeiros esperan para ser atendidos na estación /  Ricardo Rubio - Europa Press / Europa Press
Pasaxeiros esperan para ser atendidos na estación / Ricardo Rubio - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta