María José Gómez sitúa a formación como motor do futuro para o rural

A conselleira de Medio Rural participou na gradación de enxeñeiros agrícolas e forestais no Campus de Lugo.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 20/07/2024 | Actualizada ás 19:09

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Rural, María José Gómez, participou este sábado na gradación dunha nova promoción de alumnos da Escola Politécnica de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), no Campus de Lugo, onde destacou a formación no sector agrario e forestal e a súa importancia para impulsar e asegurar o futuro do rural en Galicia. A conselleira puxo de relevo as oportunidades laborais que ofrece o rural, así como os beneficios e facilidades que achega no terreo social e económico para desenvolver unha traxectoria vital.

A titular do Medio Rural alentou aos recentemente titulados como enxeñeiros agrícolas e forestais a enriquecer e fomentar a vida no rural galego, que cualificou, ademais de como un espazo onde se producen alimentos sans e de calidade, como a "alma de Galicia", por atoparse nel os valores e tradicións propios da nosa terra.

A conselleira do Medio Rural, María Jesús Gómez.. XUNTA
A conselleira do Medio Rural, María Jesús Gómez.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta