Xornal desata unha guerra de intereses mediáticos

A saída este martes de Xornal de Galicia ten provocado o inicio, por parte de La Voz de Galicia, dunha serie de informacións moi críticas coa Vicepresidencia da Xunta...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/12/2008 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

Onte, o xornal coruñés abría cunha reportaxe crítica sobre a Lei de Dependencia e unha información sobre o concurso eólico apuntando directamente ao empresario Jacinto Rey de beneficiarse do futuro concurso eólico. E hoxe as críticas continúan cunha nova serie sobre a Lei de Dependencia e outra sobre o concurso eólico. Tampouco a Xornal de Galicia se lle escapou este detalle e onte se refería a este asunto.

E é que ao xornal de Santiago Rey non lle ten gustado nada a saída de Xornal de Galicia e acusa directamente a Anxo Quintana de estar detrás do nacemento do mesmo. Por iso, o editor de La Voz non tivo pelos na lingua ao asegurar, hai uns días, que Xornal de Galicia nacía "do mundo político, dun fondo de reptiles empresariais". Tiraba directamente a dar contra o BNG e contra Jacinto Rey; os primeiros encargados de resolver o concurso eólico e o segundo, o empresario galego impulsor deste novo proxecto e que concurre nunha sociedade a este mesmo concurso.

En todo caso, unha parte importante do BNG cuidase, e moito, de desvincularse deste novo proxecto mediático. A pesar de que nun primeiro momento se tentou o acercamento á UPG, o certo é que Xornal de Galicia nace sen o total beneplácito deste grupo político, maioritario no BNG. Por iso, a vinculación directa que La Voz fai entre este novo medio e Quintana, a quen consideran principal instigador do seu nacemento.

Hai certa inquietude, e non dende onte, no entorno de Quintana. Non entenden a reacción furibunda de La Voz. O propio Quintana mandou xa varios recados ao editor deste medio para tranquilizalo, pero sen conseguilo. A proximidade das eleccións é unha baza coa que xoga La Voz para presionar ao máximo á Quintana e a súa formación. De feito, entre o mundo xornalístico e político non se entende que o vicepresidente teña apoiado o nacemento dun novo medio xusto antes duns comicios, precisamente, pola reacción adversa que pode xenerar no resto de medios e pola percepción que ese feito pode ter entre os cidadáns.

O nacemento de Xornal de Galicia chega logo do fracaso empresarial que supuxo a nova A Nosa Terra, tamén impulsada por Jacinto Rey. Logo dun ano da súa nova etapa, a publicación que dirixe Manuel Veiga e codirixen Xan Carballa e Cesar Lorenzo, na súa parte dixital, non ten acadado ningún dos seus obxectivos. De feito, parte dos membros do Consello de Administración de A Nosa Terra (o deputado do PSOE Ceferino Díaz; o ex presidente do Parlamento galego e ex dirixente do PP, Victorino Núñez ou Javier Rey, fillo de Jacinto Rey) xa forman tamén parte do novo Consello de Administración de Xornal de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 51 comentarios

51 mam

Y TVG en picado
las productoras de tv privadas forrandose a costa del presupuesto de TVG
Que le pregunten al grupo voz la pasta que se lleva.
Viven de TVG
de todos los gallegos y sus inpuestos.

50 anónimo

http://www.ourensedixital.com/_oido...
VICTORINO Y EL PERIÓDICO DO VENTO

A pocos como él se le reconoce tan poco en su tierra como a Victorino, aquel que empezó a desconectarse de Ourense en el mismo momento que se dió una patá-parriba para ir a presidir el Parlamento de Galicia y Baltar lo relegó al más absoluto de los ostracismos.
Mira tú por donde ahora que acaba de en-papelarse el Xornal.com, o periódico do vento que lo llama más de un sociata con bastante tino, si señor, los populares ourensanos empiezan a saber de las ocupaciones clandestinas de Victorino, Victorino Núñez.

La irrupción en el xornalismo de papel del Xornal ha puesto en evidencia que entre los personajes del Consello de Administración de Xornal de Galicia está Victorino Núñez, ¡cágate!...
Pero cuando se cagan más los de Baltar, es cuando se hace de dominio público que el Xornal se ha llevado parte del Consello de Administración de A Nosa Terra, y que entre ellos ficharon Ceferino Díaz, Javier Rey y ¡Victorino Núñez!. Sí, sí, Victorino Núñez en A Nosa Terra, y lo que llevaba el tío anidado en el organigrama de ese dechado de virtudes liberales de periodismo sobre todo indepediente-dependiente del BNG que es A Nosa Terra.

En el PP ya más de uno se ha echado a temblar, y no falta quien en alguna calentura del restrospectivo empieza a cuadrar alguna pieza que tantos tan poco entendimos siempre. Como, por ejemplo, cómo carajo fue arriba aquella revolución de Allariz que consolidó al BNG en este Concello derrocando, literalmente, al PP y a su alcalde, Leopoldo Pérez Camba. Por el que tan poco hizo su partido.
Siendo Victorino presidente.
Goder, es para echarse a temblar...
Cada uno es muy libre de pensar lo que quiera.

49 Lalo

Case todos levades moita razón. En resumen, o BNG tamén reivindica funcionar como os demáis (tal vez non lle quede máis remedio): ter un periódico con fondos dos reptis (corrupción). Porque corrupción é o da Voz e demáis que reciben miles de euros cada ano ao través de convenios, publicidade, contratas,etc. E xornal, tamén e ademais Jacinto Rey asegurase asi choio coa concesión eólica e outras no sector da construcción. O que falta e Galicia é un política rexeneradora.Periódicos sí; se acaso con axudas mediante criterios obxetivos. Así que polerse a discutir que é máis corrupto só sirve que todos queren chupar, mamar e o que esté mal que se foda.

48 aida

tvg en picado
tvg al retrete
las productoras de tv privadas ,se estan forrando, la estan desangrando de euros.
El personal de TVG sin dar golpe por falta de trabajo y los amiguetes de los amiguetes forrandose con millones de euros de todos.
TVG va en picado.

47 O

Si claro, pero para criticar e facer oposición tes que ter datos de algo, non vale difamar e acusar con probas falsas. Non vale a oposición basura, porque eso non é oposición e enmerdar.