Xornal desata unha guerra de intereses mediáticos

A saída este martes de Xornal de Galicia ten provocado o inicio, por parte de La Voz de Galicia, dunha serie de informacións moi críticas coa Vicepresidencia da Xunta...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/12/2008 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

Onte, o xornal coruñés abría cunha reportaxe crítica sobre a Lei de Dependencia e unha información sobre o concurso eólico apuntando directamente ao empresario Jacinto Rey de beneficiarse do futuro concurso eólico. E hoxe as críticas continúan cunha nova serie sobre a Lei de Dependencia e outra sobre o concurso eólico. Tampouco a Xornal de Galicia se lle escapou este detalle e onte se refería a este asunto.

E é que ao xornal de Santiago Rey non lle ten gustado nada a saída de Xornal de Galicia e acusa directamente a Anxo Quintana de estar detrás do nacemento do mesmo. Por iso, o editor de La Voz non tivo pelos na lingua ao asegurar, hai uns días, que Xornal de Galicia nacía "do mundo político, dun fondo de reptiles empresariais". Tiraba directamente a dar contra o BNG e contra Jacinto Rey; os primeiros encargados de resolver o concurso eólico e o segundo, o empresario galego impulsor deste novo proxecto e que concurre nunha sociedade a este mesmo concurso.

En todo caso, unha parte importante do BNG cuidase, e moito, de desvincularse deste novo proxecto mediático. A pesar de que nun primeiro momento se tentou o acercamento á UPG, o certo é que Xornal de Galicia nace sen o total beneplácito deste grupo político, maioritario no BNG. Por iso, a vinculación directa que La Voz fai entre este novo medio e Quintana, a quen consideran principal instigador do seu nacemento.

Hai certa inquietude, e non dende onte, no entorno de Quintana. Non entenden a reacción furibunda de La Voz. O propio Quintana mandou xa varios recados ao editor deste medio para tranquilizalo, pero sen conseguilo. A proximidade das eleccións é unha baza coa que xoga La Voz para presionar ao máximo á Quintana e a súa formación. De feito, entre o mundo xornalístico e político non se entende que o vicepresidente teña apoiado o nacemento dun novo medio xusto antes duns comicios, precisamente, pola reacción adversa que pode xenerar no resto de medios e pola percepción que ese feito pode ter entre os cidadáns.

O nacemento de Xornal de Galicia chega logo do fracaso empresarial que supuxo a nova A Nosa Terra, tamén impulsada por Jacinto Rey. Logo dun ano da súa nova etapa, a publicación que dirixe Manuel Veiga e codirixen Xan Carballa e Cesar Lorenzo, na súa parte dixital, non ten acadado ningún dos seus obxectivos. De feito, parte dos membros do Consello de Administración de A Nosa Terra (o deputado do PSOE Ceferino Díaz; o ex presidente do Parlamento galego e ex dirixente do PP, Victorino Núñez ou Javier Rey, fillo de Jacinto Rey) xa forman tamén parte do novo Consello de Administración de Xornal de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 51 comentarios

6 un

Benvida a pluraridade informativa, benvida sempre. Acaso El Correo gallego e Galicia hoxe non estan en quebra permanente e vivindo de subvencións públicas? subvencións que están pendentes de xuizo para a súa retirada por certo. acaso La Región non é o xornal de Baltar? que sacou fotos do chalet de Cabezas coma un descubrimento importantísimo antes das municipais onde cabezas cae en desgracia?
Acaso la voz tan independente non protexeu a Paco Vázquez?Acaso non defende ó empresariado coruñés?
Porque Jacinto rey é malo e Jove moi listo se se presentan coa misma empresa ó concurso eólico?
Porque dar 2000 megavatios nun concurso público é malo, e dar 4000 a dedo (isto é sen concurso) é bó.
Porque la voz non nos informou que Electrica del Arnoya de paco Vázquez recibiu parques eolicos a dedo e participou na sua revenda cuns millonarios beneficios?
Porque non di que das empresas que a fraga dou 4000 megavatios a maioría eran especuladores amigos que non tiñan ningun interese na enerxía eólica salvo a especulación?

En fin, abride os olliños, xornal será bo ou malo, pero mellora a pluraridade informativa e só lle parecerá mal a quen non queira pluraridade informativa coma ó caciquiño de Fernandez Latorre que sen dúbida, perde cartos coa saída de Xornal de Galicia.

5 Guti

sempre vai haber quen poña chatas a calquera proxecto ilusionante de país, máxime se éste vén a xogar na súa casa e roubarlle clientes. O xogo suxo de "La Coz de Galicia" era previsible. Faltaba o grao de intensidade. A "La Coz..." é normal que non lle guste "Xornal" xa que éste é galeguista e progresista e "La Coz..." é españolista e conservador, como ben amosou dende sempre. Que teña tino Santiago Rey que lle pode saír o tiro pola culata. O director do "Xornal" xa o foi de "La Coz..." e sabe ben as eivas e os cadavres no armario de Santiago Rey. En calquera caso, para os galegos sempre é bo a pluralidade informativa.

4 Cora García

Ó mellor Jacinto pon só a cara,non os cartos. E se son as eleccións antes do concurso, e logo vai o bng e perde o poder nese eido.qué pasaría?

3 Un

o importante é o concurso eólico, que é o que lle interesa ó editor, se pa eso ten que perder cartos nun xornal, ben perdidos están

2 Cora García

O xornal,un fracaso. Só fala de pasado e dun máis que dubidoso futuro.E o presente económico e o futuro inmediato.Qué foi del?O galego aparece inercalado todo o tempo co castelán. Penso que un 50%. Nin unha foto do presidente da Xunta e 8.000 saúdas de tódalas direccións xerais, subdireccións e subdelegacións da área nacionalista. É verdade que San José está en suspensión de pagos?