Xornal desata unha guerra de intereses mediáticos

A saída este martes de Xornal de Galicia ten provocado o inicio, por parte de La Voz de Galicia, dunha serie de informacións moi críticas coa Vicepresidencia da Xunta...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/12/2008 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

Onte, o xornal coruñés abría cunha reportaxe crítica sobre a Lei de Dependencia e unha información sobre o concurso eólico apuntando directamente ao empresario Jacinto Rey de beneficiarse do futuro concurso eólico. E hoxe as críticas continúan cunha nova serie sobre a Lei de Dependencia e outra sobre o concurso eólico. Tampouco a Xornal de Galicia se lle escapou este detalle e onte se refería a este asunto.

E é que ao xornal de Santiago Rey non lle ten gustado nada a saída de Xornal de Galicia e acusa directamente a Anxo Quintana de estar detrás do nacemento do mesmo. Por iso, o editor de La Voz non tivo pelos na lingua ao asegurar, hai uns días, que Xornal de Galicia nacía "do mundo político, dun fondo de reptiles empresariais". Tiraba directamente a dar contra o BNG e contra Jacinto Rey; os primeiros encargados de resolver o concurso eólico e o segundo, o empresario galego impulsor deste novo proxecto e que concurre nunha sociedade a este mesmo concurso.

En todo caso, unha parte importante do BNG cuidase, e moito, de desvincularse deste novo proxecto mediático. A pesar de que nun primeiro momento se tentou o acercamento á UPG, o certo é que Xornal de Galicia nace sen o total beneplácito deste grupo político, maioritario no BNG. Por iso, a vinculación directa que La Voz fai entre este novo medio e Quintana, a quen consideran principal instigador do seu nacemento.

Hai certa inquietude, e non dende onte, no entorno de Quintana. Non entenden a reacción furibunda de La Voz. O propio Quintana mandou xa varios recados ao editor deste medio para tranquilizalo, pero sen conseguilo. A proximidade das eleccións é unha baza coa que xoga La Voz para presionar ao máximo á Quintana e a súa formación. De feito, entre o mundo xornalístico e político non se entende que o vicepresidente teña apoiado o nacemento dun novo medio xusto antes duns comicios, precisamente, pola reacción adversa que pode xenerar no resto de medios e pola percepción que ese feito pode ter entre os cidadáns.

O nacemento de Xornal de Galicia chega logo do fracaso empresarial que supuxo a nova A Nosa Terra, tamén impulsada por Jacinto Rey. Logo dun ano da súa nova etapa, a publicación que dirixe Manuel Veiga e codirixen Xan Carballa e Cesar Lorenzo, na súa parte dixital, non ten acadado ningún dos seus obxectivos. De feito, parte dos membros do Consello de Administración de A Nosa Terra (o deputado do PSOE Ceferino Díaz; o ex presidente do Parlamento galego e ex dirixente do PP, Victorino Núñez ou Javier Rey, fillo de Jacinto Rey) xa forman tamén parte do novo Consello de Administración de Xornal de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 51 comentarios

46 Madialeva

Durante dezaseis anos houbo toda a corruptela posible e mais pois mandaba un franquista na Xunta de Galicia. Durante dezaseis anos o BNG fixo unha oposición dura no Parlamento e nas rúas. Agora é lóxico que os seus votantes e simpatizantes critiquen e esixan outras maneiras.

45 Laura

Máis que Pardo debes de ser Parvo, non? Decatarse de que, listo? Que neste foro dame que hai moitos listos e poucas persoas intelixentes...a ver, alúmbranos coa túa sabiduría...

44 O

Durante 16 anos houbo negocios co poder por un tubo, incluidos famosos editores e donos de xornais galegos, ninguén dixo nada, agora ainda non está calro que haxa ningún negocio e xa estades todo o día denunciando como tolos.

43 Émile

Jacinto Rey é o constructor de unha multitude de edificios públicos galegos. Alguén pode confiar en que a liña editorial non resposte os anteriores intereses. Os 70 traballadores van comer, na medida en que este persoaxe, que ten como asesor ao Victorino Nuñez (anterior presidente da deputación de Ourense), consiga favores. Sen favores este empresario modelo non ten posibilidades de competir.

Curioso compañeiro de viaxe para o Bloque do Quin.

42 tinto

Si, Oscar, e ao teu lider Zapatero chámanlle PAI DO VENTO, por aquilo de que so produce globos.
O PP anda enrabichado; La Voz cabreada; se os do PSOE (sector jolibud - ou sexa Oscar) tamén andan rabudos,... vou ter que lle botar un vistazo a ese xornal do que falades. Non vaia ser que preste a súa lectura.