Xornal desata unha guerra de intereses mediáticos

A saída este martes de Xornal de Galicia ten provocado o inicio, por parte de La Voz de Galicia, dunha serie de informacións moi críticas coa Vicepresidencia da Xunta...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/12/2008 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

Onte, o xornal coruñés abría cunha reportaxe crítica sobre a Lei de Dependencia e unha información sobre o concurso eólico apuntando directamente ao empresario Jacinto Rey de beneficiarse do futuro concurso eólico. E hoxe as críticas continúan cunha nova serie sobre a Lei de Dependencia e outra sobre o concurso eólico. Tampouco a Xornal de Galicia se lle escapou este detalle e onte se refería a este asunto.

E é que ao xornal de Santiago Rey non lle ten gustado nada a saída de Xornal de Galicia e acusa directamente a Anxo Quintana de estar detrás do nacemento do mesmo. Por iso, o editor de La Voz non tivo pelos na lingua ao asegurar, hai uns días, que Xornal de Galicia nacía "do mundo político, dun fondo de reptiles empresariais". Tiraba directamente a dar contra o BNG e contra Jacinto Rey; os primeiros encargados de resolver o concurso eólico e o segundo, o empresario galego impulsor deste novo proxecto e que concurre nunha sociedade a este mesmo concurso.

En todo caso, unha parte importante do BNG cuidase, e moito, de desvincularse deste novo proxecto mediático. A pesar de que nun primeiro momento se tentou o acercamento á UPG, o certo é que Xornal de Galicia nace sen o total beneplácito deste grupo político, maioritario no BNG. Por iso, a vinculación directa que La Voz fai entre este novo medio e Quintana, a quen consideran principal instigador do seu nacemento.

Hai certa inquietude, e non dende onte, no entorno de Quintana. Non entenden a reacción furibunda de La Voz. O propio Quintana mandou xa varios recados ao editor deste medio para tranquilizalo, pero sen conseguilo. A proximidade das eleccións é unha baza coa que xoga La Voz para presionar ao máximo á Quintana e a súa formación. De feito, entre o mundo xornalístico e político non se entende que o vicepresidente teña apoiado o nacemento dun novo medio xusto antes duns comicios, precisamente, pola reacción adversa que pode xenerar no resto de medios e pola percepción que ese feito pode ter entre os cidadáns.

O nacemento de Xornal de Galicia chega logo do fracaso empresarial que supuxo a nova A Nosa Terra, tamén impulsada por Jacinto Rey. Logo dun ano da súa nova etapa, a publicación que dirixe Manuel Veiga e codirixen Xan Carballa e Cesar Lorenzo, na súa parte dixital, non ten acadado ningún dos seus obxectivos. De feito, parte dos membros do Consello de Administración de A Nosa Terra (o deputado do PSOE Ceferino Díaz; o ex presidente do Parlamento galego e ex dirixente do PP, Victorino Núñez ou Javier Rey, fillo de Jacinto Rey) xa forman tamén parte do novo Consello de Administración de Xornal de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 51 comentarios

31 Émile

Empresarios galegos... grupo enerxético galego... ? e non é Fenosa galega e de que sirve...? Canta inxenuidade.
Un novo medio escrito, en galego e castelán, mentres están a pasalas canutas os demáis, non soio en Galicia. Interesante empresa que vai contra corrente, pouco creible nun tipo como Jacinto Rey, si non esperara un alto beneficio. Soio capital e o capital non ten casa e menos raices.

A pluralidade é boa. O Santiago Rey cometerá erros e fará que nos enteremos de moitas cousas. O Jacinto Rey, gran especulador, que ten en nómina a moitos intelectuais galegos, pronto se cansará de perder cartos e o xornal durará pouco máis ca un telediario.

Curioso, que a xente do Bloque ande nestas liortas, forzando as institucións, as subastas e a nosa pequena economía.

Frustrante maneira de facer política da xentiña do Quin.

30 Aclarador

Unha aclaración con respecto ao post: Ceferino Díaz non está no Consello de Administración de Xornal de Galicia. Iso pode verse xa no cadro do propio diario dende o primeiro número, se ben non do exemplar "de saída" que se tirou.

29 un

Un feito sinxelo de ver as novas ideas que existen en Galicia é o urbanismo.
Os de antes non tiñan política de urbanismo, os 315 concellos podían "deixar facer" a quen quixeran en escuras comisións de urbanismo onde o grupo maioritario mandaba unha nova norma subsidiaria por cada veciño que solicitaba unha licencia. O que esta política provoca é a maior dispersión posible, casas con medianeiras de 20 metros nos montes, casas no leito variable de ríos, urbanizacións de quen quere e paga onde quere... en fin o urbanismo galego ou se queredes a ausencia de urbanismo. Non foi en todos os concellos, houbo concellos con PXOM desde hai 20 anos en Galicia, as modificacións ó PXOM fainas a consellería -non o concello- en base ó interese público. Se hai PXOM a corrupción a nivel municipal en urbanismo é mínima, pois calquera veciño ten un documento que lle otorga obxectividade á hora de avaliar calquera tipo de obra nun concello e denunciar no seu caso se se considera perxudicado. Ata aquí todo ben.
A solución , unha lei do solo que obrigue a un PXOM a cada concello. Cuiña non fixo unha, senón dúas leis do solo, máis nunca as executou. Non houbo obligatoriedade de ter un plan nos concellos galegos, exemplo único en Europa a finais do século XX. A fin do fraguismo o 80% dos concellos do PP non tiñan PXOM, é dicir eran corruptos en urbanismo.

Tendes ollos na cara?, xa non hai excusas agora, os concellos sen PXOM é porque están rematando o seu plan ou máis ben modificando o documento segundo as correccións que dixo a consellería. Xa non hai concellos sen PXOM, vedes o avance?
Os alcaldes-constructores son uns corruptos sexan do partido que sexan.
Moitos alcaldes opuxéronse ata o último momento a ter un plan de urbanismo, porque?, seica lles restaba autonomía municipal. Autonomía ou capacidade de poder mangonear no concello, de VENDER licencias como favores persoais e enriquecerse?.
Seguro que houbo concelleiros de urbanismo corruptos do BNG. Se os houbo e non saíron na prensa tiveron que ser moi listos. Pero se os houbo do PP o máis normal é que non saísen, pois sen PXOM era público que ó non haber criterio a norma era a CORRUPCIÓN. Onde estaban os medios de comunicación que non denunciaron este feito? falamos do feismo e non dicimos a que se debe o feismo non vaiamos cabrear a quen nos enche o periódico de páxinas e páxinas coas inauguracións de cementerios ,tanatorios e aperturas ó tráfico dun kilometriño máis de autovía?
Este goberno é moi malo, pero comparado de onde vimos...
Pero viva o debate e a confrontación de ideas, só que agora para todos, non para uns namais.

28 un

Non mo podo crer, unha adxudicación feita polo BNG para primar ós seus, falseando informes?, imposible porque os do BNG son todos moi honrados. De verdade credes que o que eu digo se rebate con esa chorrada?
Se iso foi desa maneira, xustiza e que paguen os culpables sexan do BNG ou de quen sexa. Non sei de onde sacades que eu son do BNG, pois nen son do BNG, nen quen ataca ó BNG é de dereitas. E onde hai persoas e poder hai corrupción veña de onde veña, e se non a hai é por falta de tempo de uso do poder, se dúbida. E isto vale para todas as persoas.

Pero eu non falo de persoas, falo de ideas. Falo dun goberno que fai unha adxudicación de 4000 megawatios a dedo coa prensa caladiña.
E doutro que fai un concurso público de 2000 e ANTES da adxudicación o acusan de trato de favor, o acusa a prensa claro.

O problema é que xornal de Galicia no fraguismo NUNCA podería ter saído, porque a presión sobre quen o intentase sería tan brutal que o impediría, de feito impediuno no seu día (houbo dous proxectos que case saíron).

E se non tendes argumentos suficientes para rebatir os meus deixade de desacreditar ó contrario, e adicádevos a demostralo.

27 manolo

Algunhas cousas:
-¿Canta publicidade ten o Xornal? ¿Alguén contou o número de follas con publicidade? Sobran os dedos dunha man. E non me creo que Jacinto Rey estea nisto por amor á prensa libre, non mo creo.

-Está moi ben que saia Xornal, máis pluridade. Incluida La Voz. ¿Por que ata agora ningún periódico atreveuse a sacar o que saca La Voz sobre os incumplimentos na dependencia? Esa información era algo que todos sabiamos, e que ninguén tiña collóns a sacar, por medo a moitas cousas. E mira ti por onde, agora vai e o sacan.