Xornal desata unha guerra de intereses mediáticos

A saída este martes de Xornal de Galicia ten provocado o inicio, por parte de La Voz de Galicia, dunha serie de informacións moi críticas coa Vicepresidencia da Xunta...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/12/2008 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

Onte, o xornal coruñés abría cunha reportaxe crítica sobre a Lei de Dependencia e unha información sobre o concurso eólico apuntando directamente ao empresario Jacinto Rey de beneficiarse do futuro concurso eólico. E hoxe as críticas continúan cunha nova serie sobre a Lei de Dependencia e outra sobre o concurso eólico. Tampouco a Xornal de Galicia se lle escapou este detalle e onte se refería a este asunto.

E é que ao xornal de Santiago Rey non lle ten gustado nada a saída de Xornal de Galicia e acusa directamente a Anxo Quintana de estar detrás do nacemento do mesmo. Por iso, o editor de La Voz non tivo pelos na lingua ao asegurar, hai uns días, que Xornal de Galicia nacía "do mundo político, dun fondo de reptiles empresariais". Tiraba directamente a dar contra o BNG e contra Jacinto Rey; os primeiros encargados de resolver o concurso eólico e o segundo, o empresario galego impulsor deste novo proxecto e que concurre nunha sociedade a este mesmo concurso.

En todo caso, unha parte importante do BNG cuidase, e moito, de desvincularse deste novo proxecto mediático. A pesar de que nun primeiro momento se tentou o acercamento á UPG, o certo é que Xornal de Galicia nace sen o total beneplácito deste grupo político, maioritario no BNG. Por iso, a vinculación directa que La Voz fai entre este novo medio e Quintana, a quen consideran principal instigador do seu nacemento.

Hai certa inquietude, e non dende onte, no entorno de Quintana. Non entenden a reacción furibunda de La Voz. O propio Quintana mandou xa varios recados ao editor deste medio para tranquilizalo, pero sen conseguilo. A proximidade das eleccións é unha baza coa que xoga La Voz para presionar ao máximo á Quintana e a súa formación. De feito, entre o mundo xornalístico e político non se entende que o vicepresidente teña apoiado o nacemento dun novo medio xusto antes duns comicios, precisamente, pola reacción adversa que pode xenerar no resto de medios e pola percepción que ese feito pode ter entre os cidadáns.

O nacemento de Xornal de Galicia chega logo do fracaso empresarial que supuxo a nova A Nosa Terra, tamén impulsada por Jacinto Rey. Logo dun ano da súa nova etapa, a publicación que dirixe Manuel Veiga e codirixen Xan Carballa e Cesar Lorenzo, na súa parte dixital, non ten acadado ningún dos seus obxectivos. De feito, parte dos membros do Consello de Administración de A Nosa Terra (o deputado do PSOE Ceferino Díaz; o ex presidente do Parlamento galego e ex dirixente do PP, Victorino Núñez ou Javier Rey, fillo de Jacinto Rey) xa forman tamén parte do novo Consello de Administración de Xornal de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 51 comentarios

26 anónimo

é este o exemplo de país que buscades?
http://www.lavozdegalicia.es/galici...

25 anónimo

noraboa laura por dicilas cousas como as sintes. é de sobra coñecido que a "algúns" sempre lles abonda con autoconvencerse que soio os deles fan todo ben. antes todo culpa do fraga. agora coa mantra de "facer país", xa se inventaron a xustificación precisa mesmo para xustificar o inxustificabel ..

un: supoño eu que darás o teu visto e placet ó concurso dos millonarios paneis dixitais que fixo en orense o "xefe da tenencia da alcaldía do concello de ourense" ¿verdade?

por certo, non tódolos que vos pon a caldo polas vosas trapalladas son os da dereita. hai máis mundo máis aló do voso embigo.

http://www.ourensedixital.com/_nova...

algúns diredes que esto é unha campaña de prisa para vilipendiar ó bloque. seguro. ´pero por deus ides seguir a ver toda a vida inimigos do país por todas partes. ao melhor habería antes que dilucidar a qué país vos referides. que vos quede clariño que galicia non é de ninguén.

24 ppño

joder, un, extraordinario. parabens

23 un

Supoño que , tan intelixente tí, e tan pouco intelixentes os nacionalistas (eu son nacionalista?) e ademáis sectarios por suposto na defensa das nosas ideas ó contrario do que tí.. estarás ben informada e saberás que o dito señor Jacinto Rey presenta un proxecto de parques eólicos en colaboración con outro que se chama Jove, entre os dous andan a crear un grupo enerxético galego, pero claro favorecer a este grupo non é favorecer os intereses de Galicia que é o que busca o concurso de adxudicación. Precisamente non debería levar nin un megawatio , o contrario sería obviamente trato de favor...
Sabes cantos dos 4000 megavatios actualmente en uso (non falo do pasado, están en uso AGORA) xa adxudicados foron desenvolvidos pola xente a quen foron otorgados? Sabes que unha compañía de Paco Vázquez foi unha das adxudicatarias en anteriores concursos "Electrica del Arnoya"? Sabes cantas empresas adxudicatarias tiñan un capital de 3600 euros, é dicir eran empresas ad hoc, que só querían dereitos sobre parques que non ían ser nunca explotados por eles?, sabes a capacidade que da en plusvalías a especulación nisto, ou en parques industriais? Non o sabes?

E porque non o sabes, se eres tan listiña? Non cho contou ningún xornal galego dos que les? Pero non me fagas caso, son un sectario, claro.., nin sequera me leas, o debate, neste pais xa se sabe que non está ben visto...

22 Laura

Vamos home, erache o que me faltaba: que catro aprendices de comentaristas políticos me acusasen de facer defensa dos intereses do PP. O que acontece, que o tempo confirmará a certeza do feito que relaciona o trato de favor da Consellería de Innovación e Indutria coa Grupo San José e a devolución do favor por parte desta empresa coa creación deste novo xornal, e que cando alguén critica as formas de facer política do goberno galego actual, inmediatamente é tachado de ser de dereitas...nada máis lonxe da realidade, aínda que a reflexión e o debate de ideas, non vos permita ir máis alá e teñades que quedar na superficie das afirmacións das persoas que "atentan" contra os intereses que vos defendedes como animais irracionais que sodes...sen argumentación e con insultos.
Pero seguide así, a encher de verbas partidistas os foros de debate, a facer defensa do voso - que nin voso é, máis que no anhelo que tedes de convencer ao pobo das vosas verdades - baseada na crítica dos outros, a acusar ao anterior goberno de facer algo que vos mesmos estades a replicar na actualidade...seguide así! Que mágoa dades...e o que é peor, que mágoa que a cidadanía nunca remate por ter o goberno que merece. Criticamos ao PP polo que fixo ou porque que non o podiamos facer nós?
Un chisquiño máis de intelixencia, unha pizca máis de reflexión e algo menos de prepotencia igual non nos viña mal a todos...a uns máis que a outros, por suposto!