Xornal desata unha guerra de intereses mediáticos

A saída este martes de Xornal de Galicia ten provocado o inicio, por parte de La Voz de Galicia, dunha serie de informacións moi críticas coa Vicepresidencia da Xunta...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/12/2008 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

Onte, o xornal coruñés abría cunha reportaxe crítica sobre a Lei de Dependencia e unha información sobre o concurso eólico apuntando directamente ao empresario Jacinto Rey de beneficiarse do futuro concurso eólico. E hoxe as críticas continúan cunha nova serie sobre a Lei de Dependencia e outra sobre o concurso eólico. Tampouco a Xornal de Galicia se lle escapou este detalle e onte se refería a este asunto.

E é que ao xornal de Santiago Rey non lle ten gustado nada a saída de Xornal de Galicia e acusa directamente a Anxo Quintana de estar detrás do nacemento do mesmo. Por iso, o editor de La Voz non tivo pelos na lingua ao asegurar, hai uns días, que Xornal de Galicia nacía "do mundo político, dun fondo de reptiles empresariais". Tiraba directamente a dar contra o BNG e contra Jacinto Rey; os primeiros encargados de resolver o concurso eólico e o segundo, o empresario galego impulsor deste novo proxecto e que concurre nunha sociedade a este mesmo concurso.

En todo caso, unha parte importante do BNG cuidase, e moito, de desvincularse deste novo proxecto mediático. A pesar de que nun primeiro momento se tentou o acercamento á UPG, o certo é que Xornal de Galicia nace sen o total beneplácito deste grupo político, maioritario no BNG. Por iso, a vinculación directa que La Voz fai entre este novo medio e Quintana, a quen consideran principal instigador do seu nacemento.

Hai certa inquietude, e non dende onte, no entorno de Quintana. Non entenden a reacción furibunda de La Voz. O propio Quintana mandou xa varios recados ao editor deste medio para tranquilizalo, pero sen conseguilo. A proximidade das eleccións é unha baza coa que xoga La Voz para presionar ao máximo á Quintana e a súa formación. De feito, entre o mundo xornalístico e político non se entende que o vicepresidente teña apoiado o nacemento dun novo medio xusto antes duns comicios, precisamente, pola reacción adversa que pode xenerar no resto de medios e pola percepción que ese feito pode ter entre os cidadáns.

O nacemento de Xornal de Galicia chega logo do fracaso empresarial que supuxo a nova A Nosa Terra, tamén impulsada por Jacinto Rey. Logo dun ano da súa nova etapa, a publicación que dirixe Manuel Veiga e codirixen Xan Carballa e Cesar Lorenzo, na súa parte dixital, non ten acadado ningún dos seus obxectivos. De feito, parte dos membros do Consello de Administración de A Nosa Terra (o deputado do PSOE Ceferino Díaz; o ex presidente do Parlamento galego e ex dirixente do PP, Victorino Núñez ou Javier Rey, fillo de Jacinto Rey) xa forman tamén parte do novo Consello de Administración de Xornal de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 51 comentarios

21 un

Sabes que pasa? laura, que a corrupcion ou non do BNG existen moitos medios de comunicación que a espallan a todos os galegos. E no BNG por suposto que hai corrupción, porque se hai persoas hai corrupción, é inherente ás debilidades humanas. O problema é que a corrupción dos que non son o BNG era máis difícil que saíse á opinión pública, porque en Galicia faltaba PLURALIDADE, todos os medios de comunicación eran case o mesmo, quitabas 4 ou 5 e a pluralidade non sufría o máis mínimo.
Agora por fin os galegos saberán algo máis do BNG que a caricatura que fan os demais media, que si as bonecas que falan galego¡¡, que si as lápidas están ou non en galego¡¡, lembras esas absurdas portadas de La Voz de Galicia para informarnos?, o problema é que hai ideas que son diferentes e teñen canles de comunicación para espallárense, e iso é bó.

As acusacións que tí fas non son realidades. As que eu fago sí. Non vivo no pasado, pero lémbrolle á xente o xeito de actuar dun goberno e de outro. E prefiro un concurso público a unha adxudicación a dedo.
E que saia un xornal é motivo de alegría, porque a xente non está alegre?, que pais máis raro este no que vivimos.

20 tinto

Laura: ti non queres polémicas, ti fas afirmacións sen base algunha pero... non queres polémicas. deixa de cacarexar o que conta o capital pepero que xa se encargan eles de facelo saber nos seus medios. O mellor do rello eólico é que agora hai un concurso de verdade e unha parte do beneficio vai ser para o pobo galego. Xusto o contrario do que se fixo antes: reparto opaco, moito especulador e ningún beneficio público. E aos da Voz que lle dean un paipai.

19 Laura

Mira "Un" a min o que son as polémicas, cruces de acusacións e defansas de intereses partidistas interésacheme máis ben pouco!
Tan criticable e o que se fixo durante o réxime fragsuita como que o actual goberno, e os seus pupilos, enchan a boca con acusacións a tempos e persoas pasadas para non asumir os seus propios erros...cantos anos de goberno de esquerdas ten que vivir Galicia para que xulguemos o que acontece na actualidade e deixemos de mirar ao pasado?
A información a que fago referencia era coñecido antes de que mebros doutro xornal se puxesen como se puxeron.
Con algo máis de autocritica y con políticas pasadas e presentes menos caciquís este país podería estar no lugar que lle corresponde. Pero para iso, quizais precisásemos tamén outro tipo de cidadanía...

18 un

Laura non te crispes muller. Por agora o que ti dis non se sabe, ó mellor é certo, xa se saberá...
O certo é que El correo gallego/Galicia Hoxe viven das axudas de don manuel, blindadas coma a cidade da cultura que por agora non lle pode quitar ninguén.
O que é certo é que Fraga dou a dedo 4000 megawatios de enerxía eólica a quen lle petou, e non foron precisamente a proxectos nacionalistas.
Non peches ti tampouco os ollos a estas realidades abrumadoras; inda que non te culpo, nunca chas contou ningún medio de comunicación.

17 ppño

na furgoneta do 11M non había un exemplar deste xornal??