Xornal desata unha guerra de intereses mediáticos

A saída este martes de Xornal de Galicia ten provocado o inicio, por parte de La Voz de Galicia, dunha serie de informacións moi críticas coa Vicepresidencia da Xunta...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/12/2008 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

Onte, o xornal coruñés abría cunha reportaxe crítica sobre a Lei de Dependencia e unha información sobre o concurso eólico apuntando directamente ao empresario Jacinto Rey de beneficiarse do futuro concurso eólico. E hoxe as críticas continúan cunha nova serie sobre a Lei de Dependencia e outra sobre o concurso eólico. Tampouco a Xornal de Galicia se lle escapou este detalle e onte se refería a este asunto.

E é que ao xornal de Santiago Rey non lle ten gustado nada a saída de Xornal de Galicia e acusa directamente a Anxo Quintana de estar detrás do nacemento do mesmo. Por iso, o editor de La Voz non tivo pelos na lingua ao asegurar, hai uns días, que Xornal de Galicia nacía "do mundo político, dun fondo de reptiles empresariais". Tiraba directamente a dar contra o BNG e contra Jacinto Rey; os primeiros encargados de resolver o concurso eólico e o segundo, o empresario galego impulsor deste novo proxecto e que concurre nunha sociedade a este mesmo concurso.

En todo caso, unha parte importante do BNG cuidase, e moito, de desvincularse deste novo proxecto mediático. A pesar de que nun primeiro momento se tentou o acercamento á UPG, o certo é que Xornal de Galicia nace sen o total beneplácito deste grupo político, maioritario no BNG. Por iso, a vinculación directa que La Voz fai entre este novo medio e Quintana, a quen consideran principal instigador do seu nacemento.

Hai certa inquietude, e non dende onte, no entorno de Quintana. Non entenden a reacción furibunda de La Voz. O propio Quintana mandou xa varios recados ao editor deste medio para tranquilizalo, pero sen conseguilo. A proximidade das eleccións é unha baza coa que xoga La Voz para presionar ao máximo á Quintana e a súa formación. De feito, entre o mundo xornalístico e político non se entende que o vicepresidente teña apoiado o nacemento dun novo medio xusto antes duns comicios, precisamente, pola reacción adversa que pode xenerar no resto de medios e pola percepción que ese feito pode ter entre os cidadáns.

O nacemento de Xornal de Galicia chega logo do fracaso empresarial que supuxo a nova A Nosa Terra, tamén impulsada por Jacinto Rey. Logo dun ano da súa nova etapa, a publicación que dirixe Manuel Veiga e codirixen Xan Carballa e Cesar Lorenzo, na súa parte dixital, non ten acadado ningún dos seus obxectivos. De feito, parte dos membros do Consello de Administración de A Nosa Terra (o deputado do PSOE Ceferino Díaz; o ex presidente do Parlamento galego e ex dirixente do PP, Victorino Núñez ou Javier Rey, fillo de Jacinto Rey) xa forman tamén parte do novo Consello de Administración de Xornal de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 51 comentarios

11 un

Francisco rodriguez escribiu no caderno de lanzamento, onde tamén escribe o director de el correo gallego.. pero FR non escribe habitualmente, mentres que en la voz de galicia ten escrito con bastante asiduidade, non será la voz tamén da upg?
en fin , o falar non ten cancelas,... nen as debe ter. que a pluraridade da rede chegue tamén ós media de Galicia, onde se retirasen a metade dos xornais, non se perdería nada de pluraridade... ata este martes claro..

10 Pepe o fontaneiro

Tendes por seguro que a UPG non lle dou o seu visto e prace ao proxecto? Eu vexo que escribe un tal Xosé Mexuto, membro do comité central da formación do fouciño e máis un tal Paco Rodríguez. Non teñen pinta de estar moi en desacordo.

Xa se sabe, a UPG sempre co povo e máis ca revolución.

9 OdeSempre

Nunha guerra non se pode estar parado.

8 OdeSempre

Se hai guerra, hai guerra, que os sectores próximos ó Xornal de Galicia vaían pensando como contratacar, que tipo de asuntos turbios poden imputarlle a Santi Rey, como negocios, influencias, etc...

7 xOsse dorrío

Todos presumen de ser independentes e ningún o é; pero iso lóxico en canto que todos depende para a súa supervivencia da publicidade institucional. Cada xornal que compramos pagamolo duas veces, no kiosko e vía impostos, e pagámolo nós non os gobernos, e que nos ofrecen a cambio: información manipulada.