Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 16/12/2015 | Actualizada ás 19:40
Un mozo de 17 anos foi detido por darlle unha labazada na cara ao presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, mentres camiñaba polas rúas de Pontevedra, a cidade que o víu crecer e na que ten a maior parte dos seus amigos.
O rapaz, identificado como Manuel V., segundo informa Javier Casqueiro en El País, acercouse a Rajoy mentres este daba un paseo pola cidade para pedirlle unha foto. O presidente español accedeu e foi nese momento, cando o mozo aproveitou para darlle unha labazada na cara que lle tirou as gafas ao chan, como se pode ver neste vídeo publicado por Diario de Pontevedra.
Inmediatamente os escoltas de Rajoy reduciron ao rapaz que se resistiu a súa detención. "Estou moi contento de facelo", dixo tras ser detido.A agresión produciuse sobre as 17.50 á beira da igrexa da Peregrina cando Rajoy ía acompañado doutros dirixentes do PP.
Segundo informa Natalia Puga en El Mundo, varias testemuñas sinalan que algúns dos presentes acirraron ao home ao berro de "bravo, bravo!", mentres que o presidente do Goberno preguntou en voz alta: "Como puido pasar isto?"
Ana Pastor, que acompañaba ao xefe do Executivo durante o paseo, condenou a agresión a través da súa conta de Twitter. "Non teño palabras para expresar a miña indignación pola agresión de que foi vítima esta tarde polas rúas de Pontevedra @marianorajoy".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.