Temas: ELECCIóNS

Nós valora o resultado como "malo sen paliativos" e produto da campaña na televisión

Carlos Callón, Noa Presas, Olalla Rodil e Carme Adán comparecen para avaliar o 20D. Esta parte do nacionalismo de esquerda perde os seus dous representantes no Congreso e vere adiantado por En Marea e, incluso, Ciudadanos.

Por Galicia Confidencial | | 20/12/2015 | Actualizada ás 23:31

Comparte esta noticia

"Malos sen paliativos". Así de clara foi a valoración dunda das cabezas de cartel de Nós  Candidatura Galega, Noa Presas, número 1 por Ourense.

Candidatos de Nós aplauden durante a valoración dos resultados do 20D
Candidatos de Nós aplauden durante a valoración dos resultados do 20D

Con máis do 90% do voto escrutado no país a coalición que lidera o Bloque Nacionalista Galego queda moi lonxe de entrar no Congreso. Os nacionalistas perden este 20D case 7 puntos porcentuais respecto hai catro anos. Adeus tamén aos dous representantes na Cámara Alta.

Quen tiña máis opcións para entrar era o candidato pola Coruña. Carlos Callón aceptou a derrota ao dicir que "David non sempre vence a Goliat e David non puido vencer a catro Goliat" en referencia a PP, PSOE, Podemos (en Galicia parte de En Marea) e Ciudadanos. E é que incluso o partido de Albert Rivera, con pouquísima organización na autonomía e sen apenas propostas para o país, superou aos de nós tanto en representantes como en porcentaxe.

En Nós hai decepción esta noite. Carme Adán así o recoñece, pero tamén dise contenta pola campaña. "Sabemos que e un momento duro e que moitos tedes bágoas nos ollos. Pero estamos orgullosos do traballo" dixo na comparecencia ante os medios a cabeza de cartel por Pontevedra, a outra provincia onde había un deputado polo Bloque. 

Dende Lugo, a xornalista Olalla Rodil destacou que "non puidemos contrarestar unha dura campaña de catro forzas na televisión". Dende un principio da campaña a coalición lamentouse de estar supostamente lonxe do foco de atención dos grandes medios, sobre todo os estatais.

 

NÓS-CANDIDATURA GALEGA (BNG-CG-FOGA-PCPG-PG) 65.726(4,32%) 0 BLOQUE NACIONALISTA GALEGO 184.037(11,18%) 2

 

 

Temas: ELECCIóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

5 Manolo Baralla

O Grupo Tojeiro e maila ABANCA perderon os seus escanos en Madrid...

4 eueu

A miopia ocular (valla a redundancia) cúrase cunha operación moi simples en menos dunha hora, a miopia mental non ten cura. E a falta de neuronas xa é un mal adquirido, polo que se ve neste fato de cromañóns manipuladores: insultaron, denigraron, cuspiron e patalexaron contra as Mareas, e eles intentan ser a representación popular cun invento que lle saiu furado. Velaí o que pasa por tristes, teimudos e obtusos. A desaparecer que é o que toca!

3 Shin-Chan

A cousa amáñase cantando ...UPG laralalalalala.

1 Zas el de

Primeiro deberían sacar a extreliña vermella da banderita logo deixar de pensar que os galegos son probiños deberian saber que eso xa non existe todos teñen cartiños.e logo o enchufismo do pp para enchufar aos fillos.aqui non che hai nacionalismo que valia.cando o vexan xa sera tarde e teñen que deixar de falar en galego si falaran en castelan lingua culta sacarian mais votos sinon preguntadelle al Feijóo.

2 true love

Fixeron mais campaña contra a Marea que por Galicia. Unha magoa....e non toman nota.

1 Gomes

+++++1 Ou sexa, moi de acordo contigo.

1 En2016mepartodefinitivamente

Deron no clavo, nunca vin valoracións tan rápidas e perspicaces como a do BNGás. A solución está por ampliar o emporio. Adiante con Sermos Galiza TV! Bueno, aínda que no BNG aínda queda xente válida, polo de agora.