Dispárase case un 29% a compravenda de vivendas en xullo en Galicia

Case un milleiro das 1.867 operacións correspóndense coa provincia da Coruña, e 556 con Pontevedra

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 26/09/2024 | Actualizada ás 11:38

Comparte esta noticia

A compravenda de vivendas rexistrou o pasado mes de xullo un aumento do 28,7% en Galicia en relación ao mesmo mes de 2023, ata un total de 1.867 operacións, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

De todas elas, a maioría, 1.375 vivendas, eran de segunda man, e os 492 restantes, novas. Pola súa banda, unicamente 54 eran vivendas protexidas, fronte a 1.813 de carácter libre. Por provincias, a compravenda de vivendas situouse en 953 operacións na Coruña, 556 en Pontevedra, 213 en Lugo e 145 en Ourense.

O total de leiras transmitidas alcanzou na comunidade galega 8.539, delas 2.213 rústicas e 6.326 urbanas --destas últimas, 222 solares--. No que respecta ás rústicas, foron 973 herdanzas, 659 compravenas, 34 doazóns e 20 permutas (máis 527 operacións doutro tipo). No relativo ás vivendas, ademais das 1.867 compravendas, houbo 879 herdanzas, 31 doazóns e unha permuta, ademais de 686 operacións doutra clase.

Arquivo - Edificios con vivendas, a 11 de xaneiro de 2022, en Barcelona, Cataluña (España). A vivenda en España aumentou o seu prezo un 3,5% en xullo comparado co mesmo mes do ano pasado e un 1,2% respecto de xuño. O metro cadrado sitúase nun. David Zorrakino - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Edificios con vivendas, a 11 de xaneiro de 2022, en Barcelona, Cataluña (España). A vivenda en España aumentou o seu prezo un 3,5% en xullo comparado co mesmo mes do ano pasado e un 1,2% respecto de xuño. O metro cadrado sitúase nun. David Zorrakino - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta