A Cámara reclama ao Goberno avances nas infraestruturas viarias comprometidas para Galicia

Tamén puxo o foco nos "anos" de "incumprimentos" na execución como a A-54.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/09/2024 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

A Cámara galega reclamou ao Goberno avances no desenvolvemento das infraestruturas comprometidas para Galicia e o final do "agravio" en comparación con outras comunidades.

A iniciativa defendida polo PP este xoves a Comisión 2ª de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos saíu adiante co apoio de todos os grupos.

Na súa intervención, o deputado popular Roberto Rodríguez remarcou a necesidade de que o Estado cumpra coa conservación de infraestruturas da súa titularidade como a A-6, A-52 e a A-8.

Ademais, tamén puxo o foco nos "anos" de "incumprimentos" na execución de novas infraestruturas como a A-54, A-56, o acceso a Vigo pola A-52, a A-74 ou a A-76.

Así mesmo, outra iniciativa saíu aprobada da Comisión 2ª celebrada este xoves que demanda á Xunta que deseñe unha actuación para mellorar a seguridade e o estado da carreetera PO-213 que une a localidade da Estrada con Ponche Ulla --Vedra--.

A-6
A-6 | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta