Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/09/2024 | Actualizada ás 20:17
A segunda edición do libro 'Ilustres xuristas galegos', de Carlos Lema Devesa, que recoñece a unha vintena de profesionais de Dereito en Galicia que se alzaron co premio Montero Ríos, foi presentada na tarde deste xoves.
A este acto de homenaxe ao talento dos xuristas galegos acudiron, entre outros, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o titular da Cámara galega, Miguel Santalices; e o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López.
Respecto diso, Alfonso Rueda valorou que o Estado de dereito é unha das grandes conquistas das sociedades democráticas, onde os xuristas xogan un papel fundamental como garantes da convivencia.
Pola súa banda, Santalices felicitou ao presidente de Iurisgama, Carlos Lema Devesa, polo seu traballo. Subliña a importancia do Dereito Civil galego na autoidentificación da comunidade, á vez que reivindicou o traballo do Parlamento coa aprobación de preto de 500 leis nos seus 40 anos de vida.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.