Os xulgados galegos contan coa sexta menor taxa de casos resoltos por cada 100.000 habitantes de España

Resolveron no segundo trimestre de 2024 un 11,3 % máis de casos en comparación co ano anterior.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2024 | Actualizada ás 12:53

Comparte esta noticia

Os xulgados galegos resolveron no segundo trimestre de 2024 un 11,3 % máis de casos en comparación co ano anterior, mentres que a taxa de litixiosidade (casos por cada mil habitantes) situouse en 37,34, o sexto menor do Estado. Segundo os datos publicados este luns polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), entre abril e xuño os xuíces galegos finalizaron 99.679 asuntos e ingresaron 101.088, un 0,2 % máis que en 2023.

Desta forma, a taxa de litixiosidade situouse en Galicia en 37,34, catro puntos e medio por baixo da media estatal (41,92) e sexto menor dato de entre todas as comunides autónomas --por detrás da Rioxa (32,26), País Vasco (33,36), Castela-A Mancha (33,80), Estremadura (34,69) e Navarra (35,85)--. O aumento máis destacado dos asuntos resoltos nos xulgados foi na xurisdición civil (16,8 %) e a social (14 %). En ingresos, ascendeu en civil (+2,4 %) e baixou en contencioso-administrativa (-17,5 %) e a social (6,4 %). Ao final do segundo trimestre do ano, os xulgados e tribunais de Galicia tiñan 201.949 asuntos en trámite, un 10,1 por cento máis que na mesma data do ano anterior.

Edificio dos xulgados de Vigo
Edificio dos xulgados de Vigo | Fonte: MIGUEL RIOPA - COLEXIO DE PROCURADORES DE VIGO - Arquivo

Por xurisdicións, civil recibiu 50.617 entre abril e xuño, cando finalizaron 47.769 asuntos (+16,8 %), e quedaron pendentes 116.763 (+14,2 %); mentres que en penal entraron 38.200 procedementos (265,28 de media por órgano xudicial), foron resoltos 38.550 (+4,7 %) e quedan pendentes 50.668 (+8,5). En contencioso-administrativa ingresaron 2.234 casos, oncluyeron 2.709 asuntos (+7,5 %) e quedaron abertos 7.070 (-5,8 %) e na xurisdición social presentáronse 10.037 novos asuntos (-6,4 %), pecháronse 10.651 (+14 %) e quedaron en trámite 27.448 (+2,1 %).

Por provincias, na Coruña resolvéronse 35.970 asuntos e ingresáronse 37.539 (-7,4 %), Pontevedra recibiu 36.736 casos e finalizou 36.756 (+15,8 %), en Lugo entraron 10.461 novos procedementos e, na de Ourense, 10.386, e resolvéronse 10.155 (un 5,6 % máis) e 10.349 (16,1 % máis), respectivamente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta