60 anos máis de ENCE na Ría de Pontevedra

O Estado concede a prórroga á celulosa, que promete máis de 60 millóns de investimento en melloras ambientais e de produtividade.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 25/01/2016 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente outorgou a Ence - Enerxía e Celulosa a prórroga da concesión de ocupación dos terreos nos que se sitúa o seu centro de operacións de Pontevedra. A prórroga concédese por 60 anos, cun prazo adicional por encima dos 50 anos.

Instalacións de ENCE na beira da Ría de Pontevedra, en Lourizán
Instalacións de ENCE na beira da Ría de Pontevedra, en Lourizán | Fonte: ence.es

Promesas de investimento
Segundo ENCE, o Estado xustifica a decisión polo “forte compromiso de Ence en Pontevedra cun investimento de 61 millóns de euros”.  Así, o ENCE prometeu gastar 30,2 millóns na mellora da eficiencia da fábrica, o que “permitirá un crecemento en celulosa e enerxía renovable”. Ademais, a empresa díxolle a Administración que investirá 15 millóns na instalación dun novo ciclo da auga, que faría posible recuperar gran parte da auga do proceso e minimizar o volume do efluente.

A compañía promete tamén “melloras ambientais”, concretamente na eliminación de cheiros, de ruídos e de vapores, así como para “garantir a fiabilidade ambiental máis aló das súas obrigacións legais” e mellorar a integración paisaxística.

División de opinións en Pontevedra
A presencia da fábrica de celulosa na Ría é un aspecto moi polémico na comarca, onde existe hai décadas un activo tecido social contrario á industria. Un dos colectivos máis críticos, Salvemos Pontevedra, mantén aberto un preito no que reclama que o Estado abra e execute o expediente para facer caducar a concesión na costa, agora prorrogada.

O asunto tamén é moi relevante a nivel político, pois o PP prometeu a nivel galego que buscaría outra situación para a fábrica cerca de Pontevedra, mentres os conservadores e varios sidnicatos a nivel local sempre estiveron a prol da súa permanencia na praia de Placeres. Polo contrario, os partidos de esquerda levan anos apoiando as mobilizacións de colectivos como a Asociación en Defensa da Ría contra a celulosa. Este asociación argumenta que se ceden "terreos de titularidade pública a unha empresa privada que, ademáis, incumpre a legalidade".

"Ence non vai a defraudar a Pontevedra e a súa bisbarra, e comprométese a traballar coa máxima responsabilidade e co maior rigor para seguir xerando riqueza e emprego, así coma para contribuír á  calidade de vida dos ciudadáns de Pontevedra, coa esperanza de facerse acreedora de apoio á súa actividade e permanencia por parte de todos os pontevedreses e pontevedresas", remata o comunicado publicado hai uns minutos.

A decisión chega cun goberno en funcións, que en teoría só pode abordar asuntos de trámite. No Consello de Administración de ENCE participan varios ex-altos cargos de administracións dirixidas polo PP, como Isabel Tocino, ex-ministra de Medio Ambiente, e Carlos de Álamo, ex-conselleiro tamén de Medio Ambiente na era Fraga.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

8 sesese

Parabens para os obreiros

7 Ao Manzanares

As politicas de confluencia con Expaña. Cando non eres soberan na tomas de decicions que te afectan directamente, acontecen estaa cousas.Se e tan boa coma din en La Voz, que a leven o Manzanares.

6 Non a ENCE

Alegria de PP CC Oh Oh Esquerda Unida e UGT e tristeza de toda Pontevedra

5 Chin Chan

Estará contento este xornal pois por aquí poñían publicidade...

4 Eu mesmo

Na Marea de Pontevedra, Izquierda Unida e en CCOO están os defensores desta infamia. Hai que decilo.

1 Currás

Seguro? Tes probas?

2 Eu mesmo

Pois sí. Sen escusar ao pp de ningún xeito, que conste. Algún traballa na propia fábrica e leva anos impulsando candidaturas alternativas...

3 wilbur

Non hai que rascar moito http://www.lavozdegalicia.es/pontev...

4 Eu mesmo

Composición do comité de empresa: anteriormente, ata o mes de febreiro, a CIG dispuña de 7 delegados, UXT de 4 e CCOO de 2 representantes. Agora CCOO ten sete e CIG dous...

5 Mirlonegro

O cuñado do alcalde de Poio??....: Candidato numero 6 autonomicas por Pontevedra no BNPG 1981; secretario de quimicas CIG; Pte. do Comite de Empresa Ence; candidato BNG en varias municipais? E xunto con este mais upgas.