Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/11/2024 | Actualizada ás 14:36
Un incendio nunha nave situada en Santa María de Xeve, en Pontevedra, calcinou dous vehículos que se atopaban no interior das instalacións. Segundo informou o 112 Galicia, o avisou chegou á central de emerxencias pouco antes das 08.30 horas deste sábado a través dun particular que sinalaba que podía estar a arder algo no interior da nave situada no quilómetro 4 da PO-224. Na súa comunicación, o alertador indicaba que vía lume e fume.
Así, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias deron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Pontevedra, á Policía Nacional e á Local, así como á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Pontevedra.
Ao terminar as tarefas de extinción, os servizos de emerxencias indicaron que un vehículo bulldozer e un camión resultaran calcinados e que o lume afectara tamén a un terceiro vehículo, sen causar grandes danos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.