Por que non vai Ánxela Bugallo nas listas?

As razóns deunas na Asamblea comarcal do BNG de Compostela Anxo Louzao, membro da UPG e secretario nacional de CIG-Ensino...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 09/01/2009 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

a) que cesara a Carlos Amoedo (ex secretario xeral de Cultura) sen o visto e prace da Executiva;

b) que aprobara a posta en marcha da Fundación Cidade da Cultura, "que vai en contra dos fundamentos do BNG", e;

c) que o número de votos que recibiu na anterior asamblea comarcal (a que se celebrara para aportar nomes para as listas) fora moi inferior aos de Ana Belén Pontón.

Fontes quintanistas consultadas apuntan que estas razóns teñen pouco peso argumentativo e apuntan as razóns:

a) Francisco Jorquera informou nun Consello Nacional que a Executiva tiña evaluado o cese de Amoedo. Así acordaron que este cese non seguiu os estatutos do BNG pero aceptaron as explicacións de Bugallo sobre o feito. Nesa xuntanza tamén recoñeceron o traballo de Amoedo na consellería;

b)  que a Fundación Cidade da Cultura foi unha imposición da parte socialista do bipartito, aceptada polo BNG no Consello da Xunta;

c) que, efectivamente, na asamblea anterior, Bugallo recibiu menos votos que Pontón (44 fronte a 150) pero porque os militantes da UPG romperon un "pacto non escrito" segundo o cal os dous sectores (quintanistas e UPG) ían votar cada un a lista presentada polo outro. "E no caso de Bugallo, curiosamente, non foi así. Por iso utilizan agora ese argumento", apuntan.

Dende a UPG aclaran que "hai quen quere ver pantasmas onde non as hai" e aseguran que a non presencia de Bugallo nas listas é cousa de todo o BNG incluído os quintanistas e o propio Quintana.

En todo caso, na xuntanza do pasado mércores en Compostela prosperou a lista presentada pola Executiva (e na que figura Pontón como número dous) con 125 votos a favor, 25 en contra e 4 abstencións. "Ao final moito protestar pero votaron a mesma lista que nos", din dende o partido hexemónico do BNG. E é que a pesar das críticas feitas por algúns quintanistas, ao final, este sector acabou apostando pola proposta oficial. "O descontento é evidente, hai xente que non foi a esta xuntanza e, dos que foron, moitos votaron a favor pero outros fixerono en contra e outros abstiveronse", argumentan dende o quintanismo. Tamén houbo votos contrarios á lista oficial por parte do MpB e dos irmandiños.

Coruña e Ourense

E se hai descontento entre o quintanismo en Santiago, tamén o hai entre a UPG na Coruña. Nesta comarca, representantes deste partido amosaronse moi críticos coa presenza da directora Xeral do Servizo de Igualdade, Ana Bouzas, no número catro, aínda que ao final, e tal e como aconteceu en Compostela, votaron a favor da proposta da Executiva. O nome de Bouzas foi manexado por Quintana para situala como número dous da candidatura, pero finalmente, os apoios recibidos por Pontón e a presión da UPG fixeron imposible esta estratexia.

E a pesar de haber certo consenso en Lugo e Ourense entre o quintanismo e a UPG, o certo é que na asamblea comarcal de Ourense, houbo un amplio sector, fundamentalmente dos Irmandiños, que votaron en contra da proposta oficial da Executiva que sitúa a Alfredo Suárez Canal como número 1, a Tereixa Paz no 2 e a Iago Tabarés no 3. Esta candidatura recibiu 76 votos a favor, 30 en contra e 10 abstencións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 91 comentarios

76 picci

cecais en todos/as hai algo de razón

75 Mucha Fabeiro

Eu tamen podo equivocarme pero a "desfeita de Cuba" non foi tal.A min pareceume un gran exito.Nas follas de La Voz de Galicia foi unha desfeita,pero iso e porque ese xornal promove o capitalismo salvaxe e o sucursalismo politico.A min pareceume un avance na xestion da nosa cultura.
Indo xa ao miudo,que foi o que non lle gustou a vostede?
1Que se fora a feira dun pais comunista?
2Que Galiza fora como nacion,como pais,non como parte do Ministerio ou do Instituto Cervantes.
3Que se bebera alcohol como se fai en todolas recepcions de todolos actos culturais de todolos paises do mundo.
4Que foran a Feira escritores e intelectuais de primeira categoria?

E verdade que a pinza Francisco Rodriguez-Santiago Rey e poderosa,mais 5 asalariados e 50aparatchiks non poden manipular a toda a xente do nacionalismo galego.Sobre todo cando os argumentos son unha mistura de fume e prexuizos sexistas.

74 castro

podo equivocarme pero Anxela Bugallo chegou como a musa do novo nacionalismo do BNG e como resultado da equidades nas listas. Fermosa, de facil plabra, sempre co discurso axeitado e co sorriso pronto pero a realidade da administración é moi dura e se equivocou escollendo ou aceptando aos seus colaboradores, se en vez de cesar a Amoedo a destempo tivera cmabiado ao seu equipo un ano antes incluso a desfeita de Cuba non teria sido tal. pero claro pode ser o machismo, a UPG, e o resto das pantasmas que ainda rulan por doquier, todo menos recoñecer que non soupo facer o traballo para o que foi designada. Unha magoa. Pero xa sabedes seguro que foi por guapa e por ser muller.

73 Mucha Fabeiro

Non se trata de que ninguen bote 8 anos de conselleiro.Coido que 4 anos seria dabondo para todos.E tampouco esta mal cambiar de altos cargos cando hai alguen que o pode facer mellor(pasoulle a Losada)
Aqui falamos dunha persoa que estaba de numero 2 na lista da Coruna e agora desapareceu.Esta morte politica(algun quereria a morte civil vendo certos suxos comentarios)precisa dunha explicacion seria e non de ruxerruxes reaccionarios.
Estamos perante un caso claro de discriminacion de xenero

72 anónimo

o_carallo_vintenove PERFERCTO BALANCE DE LEXISLATURA, O BNG CUSPIDIÑO. PARABENS