Por que non vai Ánxela Bugallo nas listas?

As razóns deunas na Asamblea comarcal do BNG de Compostela Anxo Louzao, membro da UPG e secretario nacional de CIG-Ensino...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 09/01/2009 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

a) que cesara a Carlos Amoedo (ex secretario xeral de Cultura) sen o visto e prace da Executiva;

b) que aprobara a posta en marcha da Fundación Cidade da Cultura, "que vai en contra dos fundamentos do BNG", e;

c) que o número de votos que recibiu na anterior asamblea comarcal (a que se celebrara para aportar nomes para as listas) fora moi inferior aos de Ana Belén Pontón.

Fontes quintanistas consultadas apuntan que estas razóns teñen pouco peso argumentativo e apuntan as razóns:

a) Francisco Jorquera informou nun Consello Nacional que a Executiva tiña evaluado o cese de Amoedo. Así acordaron que este cese non seguiu os estatutos do BNG pero aceptaron as explicacións de Bugallo sobre o feito. Nesa xuntanza tamén recoñeceron o traballo de Amoedo na consellería;

b)  que a Fundación Cidade da Cultura foi unha imposición da parte socialista do bipartito, aceptada polo BNG no Consello da Xunta;

c) que, efectivamente, na asamblea anterior, Bugallo recibiu menos votos que Pontón (44 fronte a 150) pero porque os militantes da UPG romperon un "pacto non escrito" segundo o cal os dous sectores (quintanistas e UPG) ían votar cada un a lista presentada polo outro. "E no caso de Bugallo, curiosamente, non foi así. Por iso utilizan agora ese argumento", apuntan.

Dende a UPG aclaran que "hai quen quere ver pantasmas onde non as hai" e aseguran que a non presencia de Bugallo nas listas é cousa de todo o BNG incluído os quintanistas e o propio Quintana.

En todo caso, na xuntanza do pasado mércores en Compostela prosperou a lista presentada pola Executiva (e na que figura Pontón como número dous) con 125 votos a favor, 25 en contra e 4 abstencións. "Ao final moito protestar pero votaron a mesma lista que nos", din dende o partido hexemónico do BNG. E é que a pesar das críticas feitas por algúns quintanistas, ao final, este sector acabou apostando pola proposta oficial. "O descontento é evidente, hai xente que non foi a esta xuntanza e, dos que foron, moitos votaron a favor pero outros fixerono en contra e outros abstiveronse", argumentan dende o quintanismo. Tamén houbo votos contrarios á lista oficial por parte do MpB e dos irmandiños.

Coruña e Ourense

E se hai descontento entre o quintanismo en Santiago, tamén o hai entre a UPG na Coruña. Nesta comarca, representantes deste partido amosaronse moi críticos coa presenza da directora Xeral do Servizo de Igualdade, Ana Bouzas, no número catro, aínda que ao final, e tal e como aconteceu en Compostela, votaron a favor da proposta da Executiva. O nome de Bouzas foi manexado por Quintana para situala como número dous da candidatura, pero finalmente, os apoios recibidos por Pontón e a presión da UPG fixeron imposible esta estratexia.

E a pesar de haber certo consenso en Lugo e Ourense entre o quintanismo e a UPG, o certo é que na asamblea comarcal de Ourense, houbo un amplio sector, fundamentalmente dos Irmandiños, que votaron en contra da proposta oficial da Executiva que sitúa a Alfredo Suárez Canal como número 1, a Tereixa Paz no 2 e a Iago Tabarés no 3. Esta candidatura recibiu 76 votos a favor, 30 en contra e 10 abstencións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 91 comentarios

71 garcaxiana

quintana non o fixo moito mellor que anxela bugallo... e agora no BNG pasan a censura...¿porque non elixiron as bases o candidato do BNG?

70 o_carallo_vintenove

BALANZO DA LEXISLATURA

incendios forestais:
- no 2006: un desastre nacional
- no 2007 e 2008: menos mal que choveu a esgalla no verán.
- 2009: está por ver ...

Cidade da Cultura
1º.- encárrego ao grupo de expertos pensadores = máis de 60.000 euros en gastos dos expertos = ... e non foron capaces de refinir absolutamente nada ¿cambiarllelo nome cecais?

2º.- fracasado e baldío o esforzo dos expertos = ¿qué se podía facer? ... deixar paseniñamente que viñera o psoe e empezase a facer o que os incapaces non eran quenes de facelo, xa que nin souperon parar o monstruo, nin souperon xestionalo directamente e tampouco souperon negociar co capital externo para que arrimasen algúns cartiños a esta desfeita; ¡¡¡manusoleo, non!!! ¡¡¡NON!!! ... tivo que vir touríño, jose ramon e o psoe para empezar a arranxar algo do surrealista pazo de versailles galaico ...

3º.- servicios publicos = externalizacións a mogollón: sogaserso, galescolas, centros de atención aos maiores, I+B, seagasa, etc., etc., etc.

4º.- enchufismo = pois qué decir = igoaliño que o pp e ainda con máis caradura = "castrilladas" por doquier: bases de selección "legais" pero á medida do traxe do ENTREVISTADOR ... boa moda esa de meter a entrevistiña nos procesos de selección ... imos mellorando na obxectividade, si señor ...

5º.- feiras/festas e mercados = bailoteos do sr vicequin en sesión vermú = moito twist estilo anos sesenta e, eso sí, roupa de marca, moita roupa de marca; para descansar un pouco de tanto fragor de fiadeiro en sesión vermú, qué mellor que unha temporadiña na havana ben embanados de mojitos = todo cómo dios = meus, agora si qué xa podemos dicir que cambiamos o país = vaia choio de vidón. (polo baixo marmura un recen chegado ao sindicato: "e eu que pensei que o de subirse ao vidón era outra cousa" ...)

7º.- brumas de atardecer
... e para rematala excursión, ventos treboados arrumban cos molinetes no cumio das serras do courel ...

... e xa ben se sabe que:
- fun polo ar e vin polo vento
"fun a tarasca" do meu compadre, fun polo vento e vin polo aire (bis)
É como en cousa de encantamento, fun polo aire, vin polo vento ...
- os que sementan ventos, recollerán ¡¡¡treboadas!!!

pois logo ... saúde meus e que vos preste ... a fouce e o martelo con etiqueta do korte injlés ...

69 tinto

A única alternativa á Cidade da Cultura no BNG é o silenzo ou algunha consigna como "Mausoleo Non". É triste tirar catro anos de traballo sen alternativa. É un erro do BNG non ser capaz de defender modelos en cultura que si se defenden noutras áreas. Pero é que no tocante á política cultural aínda hai moitos tópicos no nacionalismo dificiles de superar. Si o BNG sigue coa Consellería de Cultura e a política é continuísta (que así será), como se vai explicar a caída de Ánxela Bugallo?

68 anónimo

"...Coido que mais de dus lexislaturas ningún,como regra xeral, logo caberán excepción para os que se queden no paro coma o Pablito a Laurita o Bieito, o Ismael, a Amparo..." E DE QUÉ ÍAN VIVIR ESTES, MEU? QUE SABEN FACER?

67 anonimo

estalle oi ven por inutil e incompetentemoito mais