Por que non vai Ánxela Bugallo nas listas?

As razóns deunas na Asamblea comarcal do BNG de Compostela Anxo Louzao, membro da UPG e secretario nacional de CIG-Ensino...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 09/01/2009 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

a) que cesara a Carlos Amoedo (ex secretario xeral de Cultura) sen o visto e prace da Executiva;

b) que aprobara a posta en marcha da Fundación Cidade da Cultura, "que vai en contra dos fundamentos do BNG", e;

c) que o número de votos que recibiu na anterior asamblea comarcal (a que se celebrara para aportar nomes para as listas) fora moi inferior aos de Ana Belén Pontón.

Fontes quintanistas consultadas apuntan que estas razóns teñen pouco peso argumentativo e apuntan as razóns:

a) Francisco Jorquera informou nun Consello Nacional que a Executiva tiña evaluado o cese de Amoedo. Así acordaron que este cese non seguiu os estatutos do BNG pero aceptaron as explicacións de Bugallo sobre o feito. Nesa xuntanza tamén recoñeceron o traballo de Amoedo na consellería;

b)  que a Fundación Cidade da Cultura foi unha imposición da parte socialista do bipartito, aceptada polo BNG no Consello da Xunta;

c) que, efectivamente, na asamblea anterior, Bugallo recibiu menos votos que Pontón (44 fronte a 150) pero porque os militantes da UPG romperon un "pacto non escrito" segundo o cal os dous sectores (quintanistas e UPG) ían votar cada un a lista presentada polo outro. "E no caso de Bugallo, curiosamente, non foi así. Por iso utilizan agora ese argumento", apuntan.

Dende a UPG aclaran que "hai quen quere ver pantasmas onde non as hai" e aseguran que a non presencia de Bugallo nas listas é cousa de todo o BNG incluído os quintanistas e o propio Quintana.

En todo caso, na xuntanza do pasado mércores en Compostela prosperou a lista presentada pola Executiva (e na que figura Pontón como número dous) con 125 votos a favor, 25 en contra e 4 abstencións. "Ao final moito protestar pero votaron a mesma lista que nos", din dende o partido hexemónico do BNG. E é que a pesar das críticas feitas por algúns quintanistas, ao final, este sector acabou apostando pola proposta oficial. "O descontento é evidente, hai xente que non foi a esta xuntanza e, dos que foron, moitos votaron a favor pero outros fixerono en contra e outros abstiveronse", argumentan dende o quintanismo. Tamén houbo votos contrarios á lista oficial por parte do MpB e dos irmandiños.

Coruña e Ourense

E se hai descontento entre o quintanismo en Santiago, tamén o hai entre a UPG na Coruña. Nesta comarca, representantes deste partido amosaronse moi críticos coa presenza da directora Xeral do Servizo de Igualdade, Ana Bouzas, no número catro, aínda que ao final, e tal e como aconteceu en Compostela, votaron a favor da proposta da Executiva. O nome de Bouzas foi manexado por Quintana para situala como número dous da candidatura, pero finalmente, os apoios recibidos por Pontón e a presión da UPG fixeron imposible esta estratexia.

E a pesar de haber certo consenso en Lugo e Ourense entre o quintanismo e a UPG, o certo é que na asamblea comarcal de Ourense, houbo un amplio sector, fundamentalmente dos Irmandiños, que votaron en contra da proposta oficial da Executiva que sitúa a Alfredo Suárez Canal como número 1, a Tereixa Paz no 2 e a Iago Tabarés no 3. Esta candidatura recibiu 76 votos a favor, 30 en contra e 10 abstencións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 91 comentarios

61 Tereixa

É impresionante o odio que xenera a Bugallo nun grupo pequecho de machistas reaccionarios.
As mulleres independentes e con dignidade sempre teñen levantado estas reaccións.Tamén o facían no tempo das cazas de bruxas en Massachusets(secolo XVIII)

60 anónimo

ULRIKE, vaia tarada. Familia de irmáns labregos (debe haber poucas en Galicia) ou sexa, cultura do sacho coma na miña aldea. Raza, hai que joderse, voltamos para atrás. A tí había que mandarte ao Gulag, verás que patria tan idílica.

59 anónimo

A tropa do BNG (secta) que nos quere gobernar está formada por xente pouco formada, e cito ós que coñezo personalmente: un que preside a comisión de cultura do parlamento que non ten estudos nin cultura e adicábase nos tempos do CAF a romper cousas cando quería destacar, unha auxiliar de enfermería que era a delegada da AMPA do instituto coma cargo máis salientable de parlamentaria, un sindicalista da CIG que pasa o día tomando tazas de tinto e que nunca deu pau a agua, agás nos días de manifestación que berra coma un tolo. Coñezo máis, pero chega de exemplo

58 escarállome

Ánxela Bugallo, a pesar de facer cousas moi interesantes na súa Consellería, non aguantou os ataques de dous homes moi poderosos: Santiago Rey Fernández-Latorre e Francisco Rodríguez.

O mundo da cultura acordarase dela cando falte. Xa o di aquí Jaureguizar:

http://www.galiciae.com/nova/22915....

57 undiaeundiaeunpesojhastouse

A min o que me gusta é o asemblearismo este de novo cuño onde se reparten os votos (eu voto polos teus aquí, ti polos meus alá, facemos o paripé e sae o que repartimos nas xuntanzas quincallada-UPG, que nin siquera na Executiva). A miña pregunta é como aguantan nas asembleas, os que non forman parte das diferentes bandas, toda esta miseria. Supoño que moitos nin irán e os que van e calan deben ter o CI limitadiño.

E toda esta tropa quere gobernar o meu país. Canto máis vos coñezo máis medo vos teño.

Liade, liade e a ver si cun pouco de sorte baixades en votos e como volvan os peperos igual tendes que coller o sacho, banda de mangantes e vividores.