Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2024 | Actualizada ás 11:38
O BNG demandou ao Goberno "cumprir coa Carta Social Europea" e situar o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) no 60% do salario medio.
De cumprirse, detalla o Bloque nunha nota de prensa, o SMI subiría en 2025 ata os 1.320,04 euros/mes en catorce pagas.
Así mesmo, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, preguntará sobre a postura que manterá o Ministerio ante unha eventual resolución do Comité Europeo de Dereitos Sociais "que certifique o incumprimento por parte de España, ante a reclamación colectiva presentada pola CIG".
Nesta liña, o parlamentario nacionalista considera que este é o momento de dar "pleno cumprimento ás obrigacións adquiridas" e que o Estado "cumpra coa Carta Social Europea".
"Cabe destacar tamén que, atendendo precisamente aos salarios medios, a subida de salarios negociada por convenio acumula, xa a setembro de 2024, un incremento medio pactado na negociación colectiva en Galicia de 3,37. Isto evidencia que mesmo a evolución salarial é superior ás previsións do Ministerio en relación ao SMI", expuxo Rego.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.