Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2024 | Actualizada ás 16:15
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres o anuncio polo que se somete a información pública o proxecto de trazado da primeira fase de conversión en autovía da Vía de Altas Prestacións Brión-Noia (CG-1.5), cun orzamento que rolda os 29 millóns de euros. Así mesmo, o anuncio tamén inclúe a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto. O prazo para presentar alegacións será de 30 días hábiles contados a partir deste sábado.
O trazado que se proxecta terá unha lonxitude de 9,66 quilómetros que comezan no final da autovía AG-56, Santiago-Brión, e finaliza no tramo Martelo-Noia. Segundo informou a Xunta nun comunicado, esta primeira fase supón o 60 % da lonxitude de 18,2 quilómetros da vía de altas prestacións Brión-Noia. A previsión do Executivo galego é aprobar o proxecto no segundo trimestre de 2025 para, a continuación, realizar a convocatoria para levantar as actas previas das expropiacións e licitar as obras ao longo do ano. O prazo de execución é de 18 meses, aínda que, puntualizou a Xunta, concretarase nos dous proxectos construtivos que se derivarán deste proxecto de trazado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.