Videoxogos, podcast, clubes de lectura e arte en clave feminina, protagonistas na segunda xornada de Culturgal

A organización destacou a "gran afluencia de público" vivida durante toda a mañá no Espazo Arte de Culturgal, que acolle a instalación 'Perpetuando' de Ana Monteagudo e Olaia Sendón, onde o público se pode retratar imitando imaxes icónicas da fotografía de todos os tempos.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 30/11/2024 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

Videoxogos, podcasts, clubes de lectura e arte en clave feminino foron os protagonistas da segunda xornada de Culturgal, que se leva a cabo esta fin de semana en Pontevedra. Nun comunicado, a organización destacou a "gran afluencia de público" vivida durante toda a mañá no Espazo Arte de Culturgal, que acolle a instalación 'Perpetuando' de Ana Monteagudo e Olaia Sendón, onde o público se pode retratar imitando imaxes icónicas da fotografía de todos os tempos.

Outras das instalacións que se poden ver é a performance 'Entre o medo e as flores', de Andrea Mosquera e a caseta da Colectiva. Ademais, esta mañá tamén se presentou o videoxogo galego The Wall, coa colaboración do Museo do Videoxogo de Galicia e o seu creador Álex González. Así mesmo, o recinto feiral tamén acolleu a gravación do podcast 'O Faiado' e a proxección do filme 'Os Espazos en branco' de Bruno Arias, entre outras actividades.

Videoxogos, podcast, clubes de lectura e arte en clave feminina protagonistas na segunda xornada de Culturgal
Videoxogos, podcast, clubes de lectura e arte en clave feminina protagonistas na segunda xornada de Culturgal | Fonte: CULTURGAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta