Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2024 | Actualizada ás 19:38
A fronte que atravesa Galicia que deixou treboadas e activou a alerta amarela por choivas en varios puntos da Comunidade provocou 76 incidencias. Todas elas foron recollidas polo 112 Galicia entre as 18.00 horas do sábado e as 18.00 horas do domingo. Con todo, 59 das intervencións producíronse durante esta xornada.
Así, este domingo, os avisos máis repetidos estiveron relacionados con bolsas de auga e inundacións nas vías (17), desprendemento de terra e pedras (8) e caída de árbores e ramas (5). Ademais, a precipitación provocaron alagamentos puntuais en rúas (5) e vivendas (4). A provincia máis afectada foi a da Coruña, con 43 incidencias, seguida da de Pontevedra (9), Lugo (6), e Ourense, cunha soa incidencia rexistrada.
Nese sentido, os concellos máis afectados foron o de Santiago (9), Miño e Oroso, con catro incidencias cada un, e Bergondo, As Pontes e Sanxenxo, con tres. Entre as incidencias destaca unha chamada do persoal de ADIF á central de emerxencias, minutos despois das 08.20 horas deste domingo, para indicar que non había luz nos arredores da estación de tren.
No Cope, en Caldas de Reis, un particular alertou, sobre as 11.00 horas desta xornada, de que un raiou provocara danos no tellado da súa vivenda. Tamén en Boiro onde un raio provocou un incendio nos tubos dun depósito de gas dunha nave. Con todo, o suceso saldouse sen ocasionar danos persoais. Ademais, as treboadas tamén ocasionaron numerosos cortes da subministración de luz en varios puntos da xeografía galega e as choivas da mañá deste domingo ocasionaron varias inundacións no concello pontevedrés de Sanxenxo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.