O Parlamento insta a garantir "un mundo sen barreiras" para persoas con discapacidade

Así o recolle unha declaración institucional con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se leu no pleno.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2024 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

O Parlamento galego instou este martes ás institucións e a sociedade no seu conxunto a comprometerse na garantía de "un mundo sen barreiras e accesible para todas as persoas con discapacidade", algo que, clamou, debe de ser "unha prioridade".

Así o recolle unha declaración institucional con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se leu no pleno.

Aproveitando esta efeméride, o Parlamento quixo "unanimemente reafirmar o seu compromiso de garantir os dereitos das persoas con discapacidade", un compromiso que, advirte o texto, "debe de ser unha prioridade para todas as administracións públicas e para a sociedade en xeral".

"Aínda que avanzamos moito en materia de dereitos e oportunidades nas últimas décadas, fai falta seguir impulsando accións para garantir un mundo sen barreiras e accesible para todas as persoas con discapacidade", sinala o texto.

As institucións, as administracións, o tecido asociativo e todos os estamentos sociais teñen "a responsabilidade de seguir traballando para chegar a ser a sociedade" á que se aspira, "unha sociedade acolledora e inclusiva, que xamais deixe ningunha persoa á marxe".

Pleno do Parlamento de Galicia do 6 de novembro de 2024.. PARLAMENTO DE GALICIA
Pleno do Parlamento de Galicia do 6 de novembro de 2024.. PARLAMENTO DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta