Temas: BNG UPG ABRENTE

Pontón sinala a actualizar o discurso e a estrutura como prioridades do BNG

A lista proposta á Asemblea para refundar o Bloque inclúe a destacados dirixentes da UPG e do Movemento Galego ao Socialismo, pero non a militantes doutra corrente, Abrente.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/02/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

“Actualización do discurso” e “redefinir e repensar como é a nosa estrutura organizativa”. Estas son as dúas prioridades da lista que encabeza Ana Pontón para a nova Executiva do BNG. A voceira parlamentar presentouse este sábado diante da prensa para dar conta da súa candidatura a ser a nova voceira nacional da fronte. 

Ana Pontón e Goretti Sanmartín en rolda de prensa na sede do BNG
Ana Pontón e Goretti Sanmartín en rolda de prensa na sede do BNG

Na lista renóvanse 10 dos 15 postos do máximo órgano do Bloque entre asembleas. Malia a importante renovación, dous terzos dos postos, non hai ruptura co actual equipo directivo. Na relación aprobada o sábado polo Consello Nacional acompañan a Pontón varios pesos pesados da actual dirección nacionalista e militantes da Unión do Pobo Galego, o partido máis numeroso.

Así, a número dous é a actual presidenta da Deputación da Coruña, Goretti San Martín. Bieito Lobeira -actual secretario de organización-, Néstor Rego -líder da UPG- , Montse Prado -que tamén forma parte da actual Executiva- e Rubén Cela -líder do BNG en Santiago de Compostela- son outros dos persoeiros con longa traxectoria e militantes da Unión do Pobo Galego propostos. 

Carme da Silva, Xosé Luís Rivas “Mini”, Noa Presas, Lois Pérez Barral, Olaia Ledo, Obdulia Dinís, Xosé Emilio Vicente, Xosé M. Marcote e Alba María Feixóo completan a candidatura. Unha das correntes soberanistas, o Movemento Galego ao Socialismo, está integrado na lista. Non así os membros de Abrente, a corrente máis próxima á socialdemocracia das que colaboran na fronte.

Pontón e San Martín salientaron que aínda hai tempo a presentación doutras listas, o que facilitaría a integración doutras correntes. O prazo de presentación de candidaturas termina este luns ás 19 horas. A candidata a voceira destacou que no BNG “non hai cúpulas precociñando” a renovación da dirección.

Completan a candidatura para o novo Consello Nacional a votar na Asemblea do 28 de febreiro na Coruña as seguintes persoas:

16. Alberte Mera 17. Leticia Santos 18. Xavier Campos 19. Olalla Rodil 20. Carlos Callón 21. Irati García 22. Manuel Domínguez Rei. 23. Jéssica García 24. Xosé Manuel Carril Vázquez 25. Rosana Pérez. 26. Guillerme Vázquez 27. Eva Vilaverde 28. Serafín Otero 29. Sandra González 30. Rafael Vilar 31. Avia Veira. 32. André Abal. 33. Bea Bascoi 34. Rubén Arroxo. 35. Elia Lago. 36. Iván Rivas 37. Pura Ferreño Saia. 38. Diego Lourenzo Moura. 39. Ana Ermida Igrexas. 40. Daniel Gómez 41. Manuela Rodríguez Pumar 42. Diego Santorio Moscoso. 43. Rosana Prieto 44. Ramón Noceda Caamaño 45. Lucía Sobrado 46. Luís Bará 47. Ximena González 48. Francisco García 49. Cristina López Sánchez 50. Francisco Jorquera Caselas.

Temas: BNG UPG ABRENTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

17 Currás

A UPG, o Movemento Galego por un Salario na CIG ( MGS) e o Movemento pola Base Cotización , van remudar o BNGuai? Hai que me desestabiliso coa risa¡¡¡¡¡

16 Souto

Hai moitos anos que xa lho dixen a militantes do BNG. Si vos unides co PSOE sacaredes maioría absoluta. O únicos que me fixeron caso foi Beiras e Martiño. Non foi co PSOE. Foi con PODEMOS. Pero bueno, o caso é que me fixeron caso. Ben por eles. Eu decíao de broma naquel entón. Pasaron os anos e mira por onde foi o que pasou. Agora temos a 6 camareiros en Madrid para lhe levar os cafés a Pablo Iglesias e ós da Complutense. E uns poucos galegos que siguen a ser galegos.

1 Souto

Eramos poucos os emigrantes que tinhamos. Agora temos a 6 emigrantes máis.

15 pasinto

Hai máis xente no Consello Nacional do BNG que na lista de militantes da FPG-Xeira. Sen embargo os segundos chámanlle marxinais aos primeiros. Menudos comunistas que valoran os proxectos polos escanos...como se nota que non se comeron un comino en 30 anos e agora que son os palmeiros de Pablo Iglesias están crecidos.

14 Maioria

Moito comunista no nacionalismo

13 Pepinho

Outra vez os iluminados da UPG....agora coa sua neniña mimada xa desaparecerán do mapa político.O día das eleccións estarán a chorar como nas pasadas de decembro.Asegurovos que a historia e cíclica e pronto se repetirá para esta xente que nunca fixo nada máis ca vivir do noso sudor