Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/02/2016 | Actualizada ás 08:00
“Actualización do discurso” e “redefinir e repensar como é a nosa estrutura organizativa”. Estas son as dúas prioridades da lista que encabeza Ana Pontón para a nova Executiva do BNG. A voceira parlamentar presentouse este sábado diante da prensa para dar conta da súa candidatura a ser a nova voceira nacional da fronte.
Na lista renóvanse 10 dos 15 postos do máximo órgano do Bloque entre asembleas. Malia a importante renovación, dous terzos dos postos, non hai ruptura co actual equipo directivo. Na relación aprobada o sábado polo Consello Nacional acompañan a Pontón varios pesos pesados da actual dirección nacionalista e militantes da Unión do Pobo Galego, o partido máis numeroso.
Así, a número dous é a actual presidenta da Deputación da Coruña, Goretti San Martín. Bieito Lobeira -actual secretario de organización-, Néstor Rego -líder da UPG- , Montse Prado -que tamén forma parte da actual Executiva- e Rubén Cela -líder do BNG en Santiago de Compostela- son outros dos persoeiros con longa traxectoria e militantes da Unión do Pobo Galego propostos.
Carme da Silva, Xosé Luís Rivas “Mini”, Noa Presas, Lois Pérez Barral, Olaia Ledo, Obdulia Dinís, Xosé Emilio Vicente, Xosé M. Marcote e Alba María Feixóo completan a candidatura. Unha das correntes soberanistas, o Movemento Galego ao Socialismo, está integrado na lista. Non así os membros de Abrente, a corrente máis próxima á socialdemocracia das que colaboran na fronte.
Pontón e San Martín salientaron que aínda hai tempo a presentación doutras listas, o que facilitaría a integración doutras correntes. O prazo de presentación de candidaturas termina este luns ás 19 horas. A candidata a voceira destacou que no BNG “non hai cúpulas precociñando” a renovación da dirección.
Completan a candidatura para o novo Consello Nacional a votar na Asemblea do 28 de febreiro na Coruña as seguintes persoas:
16. Alberte Mera 17. Leticia Santos 18. Xavier Campos 19. Olalla Rodil 20. Carlos Callón 21. Irati García 22. Manuel Domínguez Rei. 23. Jéssica García 24. Xosé Manuel Carril Vázquez 25. Rosana Pérez. 26. Guillerme Vázquez 27. Eva Vilaverde 28. Serafín Otero 29. Sandra González 30. Rafael Vilar 31. Avia Veira. 32. André Abal. 33. Bea Bascoi 34. Rubén Arroxo. 35. Elia Lago. 36. Iván Rivas 37. Pura Ferreño Saia. 38. Diego Lourenzo Moura. 39. Ana Ermida Igrexas. 40. Daniel Gómez 41. Manuela Rodríguez Pumar 42. Diego Santorio Moscoso. 43. Rosana Prieto 44. Ramón Noceda Caamaño 45. Lucía Sobrado 46. Luís Bará 47. Ximena González 48. Francisco García 49. Cristina López Sánchez 50. Francisco Jorquera Caselas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.